Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF312B
Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Devolución do importe dos dereitos de exame.
1. Só as persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas terán dereito á devolución do importe dos dereitos de exame a que se refire o número 5.1, sempre que o soliciten no seguinte prazo:
– Para aquelas solicitudes que se presenten ata o 13 de febreiro, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 2 e o 31 de maio de 2023, ambos inclusive.
– Para aquelas solicitudes que se presenten desde o 14 de febreiro ata o 1 de maio, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 2 e o 30 de setembro de 2023.
– Para aquelas solicitudes que se presenten desde o 2 de maio ata o 1 de setembro, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 1 e o 31 de xaneiro de 2024.
2. Esta solicitude axustarase ao modelo incorporado como anexo II desta resolución seguindo o procedemento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), co código IF312B (anexo II).
As persoas solicitantes que resulten definitivamente excluídas da realización das probas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Servizo de Ordenación do Transporte Regular de Viaxeiros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995053/ 981544375
Fax: 981544351
Email: formacion.transportes@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/05/2023 00:00 - 31/05/2023 23:59
02/09/2023 00:00 - 30/09/2023 23:59
01/01/2024 00:00 - 31/01/2024 23:59
– Para aquelas solicitudes que se presenten ata o 13 de febreiro, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 2 e o 31 de maio de 2023, ambos inclusive.
– Para aquelas solicitudes que se presenten desde o 14 de febreiro ata o 1 de maio, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 2 e o 30 de setembro de 2023.
– Para aquelas solicitudes que se presenten desde o 2 de maio ata o 1 de setembro, deberán solicitar a devolución do importe entre o día 1 e o 31 de xaneiro de 2024.
Solicitude segundo o Anexo II.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos.
Para a tramitación do procedemento de devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte (IF312B), consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• DNI/NIE da persoa solicitante.
• DNI/NIE da persoa representante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2023 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 17 do 25 de xaneiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano