Guía de procedementos e servizos

IF302E

Modificación das condicións da explotación dos contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

As empresas titulares dunha concesión administrativa para a prestación dun determinado servicio público de transporte regular permanente de viaxeiros por estrada poden solicitar, para lograr unha mellor xestión do servizo, a modificación dalgunha das condicións de explotación establecidas no título concesional.

As modificacións poderán consistir en:

- Ampliacións de tráficos mediante a incorporación de anexos ou prolongacións do itinerario concesional.

- Realización de tráficos con itinerarios parciais non previstos.

- Supresión ou segregación de tráficos establecidos no título concesional.

- Substitución total ou parcial do traxecto polo que discorra o itinerario por outro distinto.

- Modificacións de calendario, horario e/ou expedicións.

- Modificacións do número de vehículos, de prazas ou das condicións técnicas e de seguridade destes que deberán estar adscritos á concesión.

Nas modificacións concesionais deberá respectarse o equilibrio económico preexistente.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Alcalde Pérez Arda, 4

15006 

Teléfono: 881881003

Fax: 881881000

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo

Servizo de Mobilidade de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294421

Fax: 982294389

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense

Servizo de Mobilidade de Ourense

R/ Valente Docasar, 2 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687307/ 988687308

Fax: 988687303

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Mobilidade de Pontevedra

Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206015/ 886206016

Fax: 886206026

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Actuacións relativas ás concesións de servizos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada ( 31.01.07)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • SE A MODIFICACIÓN NON IMPLICA CAMBIO NOS TRÁFICOS:

    • Memoria xustificativa.

    • Información completa relativa á explotación do servizo (liñas, rutas, calendario e horarios).

    • Plano en soporte cartográfico.

  • SE A MODIFICACIÓN IMPLICA CAMBIO NOS TRÁFICOS:

    • Memoria xustificativa, que inclúa os datos de poboación das localidades e da área afectada que se pretenda incluír ou suprimir.

    • Plano en soporte cartográfico.

    • Información completa relativa á explotación do servizo e descrición dos novos percorridos, con indicación dos servizos coincidentes.

    • Modificación prevista no número de usuarios, repercusión económica e tarifaría.

    • Xustificación da dispoñibilidade dos medios materiais necesarios para a explotación.

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182 do 31 de xullo de 1987).

    • Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).

Outros procedementos relacionados

IF301K

Prórroga de transporte regular temporal a praias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301L

Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301P

Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301Q

Cambio de residencia de autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano