Guía de procedementos e servizos

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Que é e para que serve

1. O presente decreto ten por obxecto a creación do Rexistro de Intermediarios de Crédito Inmobiliario e do Rexistro de Prestamistas Inmobiliarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, é obxecto deste decreto a regulación dos ditos rexistros, incluído o seguinte procedemento relacionado:

- FA300D Recoñecemento e inscrición no Rexistro de Prestamistas Inmobiliarios, modificación de datos ou baixa no rexistro.

O procedemento de recoñecemento como prestamista inmobiliario e de inscrición no rexistro de prestamistas inmobiliarios da Comunidade Autónoma de Galicia iniciarase por solicitude da persoa que pretenda operar como prestamista inmobiliario.

Quen pode solicitalo

Prestamistas inmobiliarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

A inscrición no rexistro requirirá a verificación previa do cumprimento dos requisitos previstos no artigo 5 do Real decreto 309/2019, do 26 de abril.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor o dia seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os intermediarios de crédito inmobiliario inscritos no rexistro deberán comunicar as modificacións que se produzan nalgún dos datos previamente achegados no prazo máximo de  15 días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a correspondente modificación. No caso de intermediarios de crédito inmobiliario vinculados a un só prestamista, será este último o que realice a comunicación.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Anexo XI debidamente cuberto.

  • No caso de persoas xurídicas, copia da escritura ou do documento de constitución, dos estatutos ou da acta fundacional, nos que consten as normas polas que se rexe a súa actividade, e, de ser distinta daquela, da documentación relativa ao nomeamento das persoas administradoras da entidade, así como da documentación xustificativa da inscrición, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.

  • Documentación acreditativa da alta como autónomo e do CNAE. (Se se solicita o rexistro dunha persoa física).

  • Descrición dos procedementos escritos e da capacidade técnica e operativa cos que se conta para o axeitado cumprimento dos requisitos de avaliación da solvencia do prestatario e potencial prestatario a que se refire o artigo 11 da Lei 5/2019, do 15 de marzo.

  • Ficha de identidade do prestamista co contido previsto nas letras a), b), d) e f) do artigo 35.1 da Lei 5/2019, do 15 de marzo.

  • Descrición dos medios internos cos que se conta para a resolución das queixas e reclamacións que presenten os potenciais prestatarios ou garantes relacionadas cos seus intereses e dereitos legalmente recoñecidos e que deriven de presuntos incumprimentos da Lei 5/2019, do 15 de marzo, das súas normas de desenvolvemento, dos estándares ou das boas prácticas e usos financeiros que resulten aplicables. Para estes efectos, deberase xuntar un documento coa súa política interna xustificativo da súa capacidade técnica e operativa que inclúa a seguinte información: (i) Composición da área responsable de resolver queixas e reclamacións; (ii) dependencia xerárquica da área; (iii) nomeamento do responsable; (iv) preparación e coñecementos do persoal desa área; (v) rexistro e tramitación das queixas e reclamacións; (vi) obrigación de resolver en menos de 1 mes e carácter vinculante da resolución só para o prestamista; (vii) procedemento para trasladar ao reclamante a resolución; (viii) información do prazo máximo de 1 ano desde a presentación para que reclamante acuda ao Administración Autonómica; e (ix) dirección de correo electrónico.

  • Documentación acreditativa da designación de representante ante o Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias conforme ao previsto no artigo 35.1 do Regulamento da Lei 10/2010, do 28 de abril, de prevención do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo, aprobado polo Real decreto 304/2014, do 5 de maio.

  • Copia do plan de formación nos coñecementos e competencias a que se refire o artigo 16 da Lei 5/2019, do 5 de marzo, e a súa normativa de desenvolvemento. O dito plan debe informar sobre o procedemento establecido para asegurar a formación continua do persoal e o compromiso de que o plan será revisado periodicamente, indicando o prazo de revisión.

  • Declaración de honorabilidade comercial e profesional debidamente cuberto con información relativa á persoa que pretenda operar como prestamista inmobiliario, no caso de ser esta persoa física. No caso de ser persoa xurídica, deberá achegarse un formulario por cada un dos administradores e, de ser algún destes persoa xurídica, tamén un formulario relativo á persoa física representante. A declaración deberá axustarse ao modelo do Anexo III.

  • Documentación acreditativa de que a persoa solicitante, no caso de ser esta persoa física, ou os administradores daquela, de ser persoa xurídica, dispoñen do nivel de coñecementos e competencia a que se refire o artigo 16 da Lei 5/2019, do 15 de marzo, e a súa normativa de desenvolvemento. No caso de que algún dos administradores sexa persoa xurídica, a documentación prevista nesta letra deberá referirse á persoa física representante (Anexo III).

  • Xustificación do aboamento da taxa. (Cod. 30.02.00).

  • No caso de solicitude de recoñecemento e rexistro dunha persoa xurídica, anexos IV e V debidamente cubertos relativos aos datos das persoas administradoras e a comprobación de tales datos e, no seu caso, información do representante.

  • Documento acreditativo da representación,

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente no Anexo X e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de antecedentes penais.

Consentimento para a comprobación de datos. A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Tres meses desde a entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo. 

Isto significa que a solicitude se considera aprobada. 

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude). 

Como recibirás a resposta da Administración?

A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.

Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.

Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Política Financeira

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 545 161

Fax: 981 545 156

Órgano responsable

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 23/2021, do 4 de febreiro, polo que se crean e se regulan os rexistros de Intermediarios de Crédito Inmobiliario e de Prestamistas Inmobiliarios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 29 do 12 de febreiro de 2021). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CO301B

Bonos Activa comercio.

Prazo aberto: 28/10/2026 09:00 - 15/12/2026 23:59

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano