Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA300C
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
1. O presente decreto ten por obxecto a creación do Rexistro de Intermediarios de Crédito Inmobiliario e do Rexistro de Prestamistas Inmobiliarios da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Así mesmo, é obxecto deste decreto a regulación dos ditos rexistros, incluído o seguinte procedemento relacionado:
- FA300C Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
O procedemento FA300C, acompañado da documentación xustificativa do aboamento da taxa correspondente, e presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Intermediarios de crédito inmobiliario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Subdirección Xeral de Política Financeira
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545171
Fax: 981545156
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor o dia seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Os intermediarios de crédito inmobiliario inscritos no rexistro deberán comunicar as modificacións que se produzan nalgún dos datos previamente achegados no prazo máximo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a correspondente modificación. No caso de intermediarios de crédito inmobiliario vinculados a un só prestamista, será este último o que realice a comunicación.
De acordo co artigo 29 da Lei 5/2019, do 15 de marzo, a inscrición no rexistro requirirá a verificación previa do cumprimento dos requisitos para poder operar previstos na dita lei e na súa normativa de desenvolvemento, por parte da autoridade competente para a súa xestión.
Anexo IX debidamente cuberto.
Documentación xustificativa do aboamento da taxa correspondente. (Cód. 30.02.00).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente no Anexo VIII e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Certificado de antecedentes penais.
Prazo de resolución:
Tres meses desde a entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 23/2021, do 4 de febreiro, polo que se crean e se regulan os rexistros de Intermediarios de Crédito Inmobiliario e de Prestamistas Inmobiliarios da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 29 do 12 de febreiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano