Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA100A
Axudas polos danos persoais causados polos incendios do verán e do outono do 2025
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Facenda e Administración Pública
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
O outorgamento de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, polos danos persoais causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán e o outono de 2025 e que se relacionan de seguido:
a) Falecemento.
b) Incapacidade permanente absoluta.
c) Lesións que motiven a hospitalización da persoa ferida.
Serán beneficiarias directas destas axudas as persoas afectadas pola incapacidade permanente absoluta ou lesións que causasen a hospitalización.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544121
Email: secretaria.xeral.facenda@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
01/09/2025 00:00 - 31/12/2026 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia se os danos producidos están determinados.
Segundo o Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, ampliase o prazo de presentación de solicitudes ata o 30/10/2025 se os danos producidos están determinados na data de publicación deste decreto.
De non ser así, o prazo comezará a contarse desde que se determinen, ben co falecemento, ben coa declaración da incapacidade permanente absoluta, ben coa finalización da hospitalización, tendo como límite o 31 de decembro de 2026.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do primeiro día hábil da publicación ou da determinación dos danos. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Serán beneficiarias destas axudas a título de vítimas indirectas, no caso de falecemento e con referencia sempre á data desta, as persoas que reúnan as condicións que se indican a continuación:
a) A persoa cónxuxe da persoa falecida, se non estivese separada legalmente, ou a persoa que viñese convivindo coa persoa falecida de forma permanente, con análoga relación de afectividade á de cónxuxe, durante, polo menos, os dous anos anteriores ao momento do falecemento, salvo que tivesen descendencia; neste caso abondará a mera convivencia.
b) As fillas ou fillos das persoas falecidas que cumpran os requisitos para poder aplicar o mínimo por descendentes segundo a normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
c) Na falta das persoas mencionadas nas letras a) e b), as restantes fillas ou fillos das persoas falecidas.
d) Na falta das persoas mencionadas anteriormente, serán beneficiarias as persoas proxenitoras da persoa falecida.
e) Na falta das persoas mencionadas nas letras a), b), c) e d), serán beneficiarios as/os irmás/ns da persoa falecida, que acrediten a convivencia coa persoa falecida durante os dous anos anteriores ao falecemento.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) No suposto de falecemento:
– Todas as persoas beneficiarias indirectas, libro de familia para acreditar o grao de parentesco, ou ben certificado do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia ou Rexistro de Parellas de Feito municipal, de ser o caso.
– As fillas e fillos que cumpran os requisitos requiridos no artigo 3.2.b), copia da declaración presentada polo imposto sobre a renda das persoas físicas da persoa falecida relativa ao último período impositivo pechado no momento de presentar á solicitude.
– As/os irmás/ns, certificado de empadroamento colectivo coa persoa falecida.
b) No caso de incapacidade permanente absoluta, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social en que se declare esta.
c) No caso de axudas por ingreso hospitalario, certificado do hospital comprensivo dos días de hospitalización.
d) Documentación acreditativa da representación, de ser o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI /NIE da persoa solicitante.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que
acredita o documento correspondente:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) Certificado de defunción.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.
Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Un mes
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).
-
Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas que sufrisen danos persoais como consecuencia dos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).
-
Extracto da Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas destinadas a persoas que sufrisen danos persoais como consecuencia dos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).
-
Corrección de Erros. Extracto da Orde do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria das axudas destinadas a persoas que sufrisen danos persoais como consecuencia dos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 168 do 2 de setembro de 2025).
-
Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 188 do 30 de setembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano