Guía de procedementos e servizos

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

A presente orde ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ao cumprimento das obrigas tributarias concernentes ao imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

1. Para os efectos do disposto no artigo 2 desta orde, as aplicacións informáticas relacionadas con este imposto deberán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola Dirección da Atriga:

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.

b) As persoas profesionais colexiadas, así como as entidades, as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

2. Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas deste imposto, deberán estar previamente autorizados. Para estes efectos, deberán presentar ante a Dirección da Atriga unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas a este imposto. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no número 1.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Rúa Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544196

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

1. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a efectuar electronicamente ante a Atriga, nos vinte primeiros días naturais de setembro, un pagamento á conta da débeda tributaria definitiva, autoliquidando e determinando o seu importe, mediante o modelo 013, que conformarán coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT, consonte as instrucións recollidas a este respecto no propio modelo e seguindo o procedemento establecido nos artigos 13, 14 e 15.

2. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar electronicamente ante a Atriga, nos vinte primeiros días naturais do mes de maio, unha autoliquidación do imposto, na cal determinarán a débeda tributaria correspondente ao ano natural inmediato anterior, aplicarán o pagamento á conta que corresponda e ingresarán, se é o caso, o importe resultante, mediante o modelo 013, que conformarán coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT, consonte as instrucións recollidas a este respecto no propio modelo e seguindo o procedemento establecido nos artigos seguintes.

3. Os prazos establecidos nos números 1 e 2 entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil.

Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias concernentes ao ICAM, ás cales se refire esta orde, por medios electrónicos, sen prexuízo do disposto na disposición adicional primeira. Para isto deberán empregar as aplicacións informáticas que a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT), nas condicións e consonte os procedementos previstos nesta orde. O código na Guía de procedementos e servizos é FA009A.

  •  Modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II e III e que se relacionan a seguir, para os efectos da aplicación do ICAM:

    • Modelo 008. Modelo de declaración de alta/modificación de datos no Censo electrónico de concesións e instalacións de depósito ou almacenamento mineiros.

    • Modelo 013. Modelo de autoliquidación do imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2017).

    • Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.(DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021).

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano