Guía de procedementos e servizos

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Que é e para que serve

O obxecto é a regulación do cumprimento das obrigas tributarias concernentes ao canon eólico, e mais a creación do Censo electrónico de parques eólicos de Galicia (CEPEG).

Quen pode solicitalo

As aplicacións informáticas do canon eólico poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola dirección da Atriga:

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.

b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresarias ou profesionais, que subscribiran coa comunidade autónoma o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

Requisitos

Os usuarios anteriores, para poderen empregar as aplicacións informáticas do canon eólico, deberán presentar ante a dirección da Atriga unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas ao canon eólico. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no punto anterior.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Apróbanse os modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II e III desta orde e que se relacionan a seguir, para os efectos da aplicación do canon eólico:

Modelo 007. Modelo de declaración de alta/modificación de datos no Censo electrónico de parques eólicos de Galicia (CEPEG).

Modelo 012. Modelo de autoliquidación do canon eólico.

Que vai pasar despois de que o presente

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

P/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 544 196

Email: xestion.centralizada@atriga.es

Órgano responsable

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2014). Ligazón á normativa

    • Resolución do 7 de marzo de 2014 pola que se actualiza o modelo en formato electrónico de autoliquidación do canon eólico (modelo 012) e as fichas de usuario da oficina virtual tributaria do canon eólico e da taxa fiscal sobre o xogo do bingo (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2014). Ligazón á normativa

    • Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.(DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021). Ligazón á normativa

    • Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021). Ligazón á normativa

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021). Ligazón á normativa

    • Resolución do 1 de novembro de 2025 pola que se modifican os anexos da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico (DOG nº 216 do 07 de novembro de 2025). Ligazón á normativa

    • Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se actualizan os anexos VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de poderes e documentos acreditativos de lexitimación, e se modifica a Resolución do 1 de novembro de 2025 pola que se modifican os anexos da Orde do 27 de xaneiro de 2014, pola que se aproban as normas de aplicación do canon eólico (DOG nº 252 do 31 de decembro de 2025). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano