Guía de procedementos e servizos

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento
A presente orde ten por obxecto, por unha banda, establecer a réxime xurídica aplicable ao cumprimento das obrigas tributarias asociadas ao xogo do bingo e, pola outra, establecer as condicións xerais e o procedemento para a expedición e distribución dos cartóns de bingo autorizados pola consellería competente en materia de xogo para o seu uso nas salas de bingo situadas en Galicia.
1. Para os efectos do disposto nos artigos 2 e 3 desta orde, as aplicacións informáticas para a solicitude e a subministración de cartóns de bingo e para o cumprimento das correspondentes obrigas tributarias poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan de seguido, que deberán ser previamente autorizados pola dirección da Axencia Tributaria de Galicia:

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios impostos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda e que previamente fosen autorizados pola dirección da Axencia Tributaria de Galicia para a presentación e pagamento electrónico destes ingresos.

b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

2. Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas sinaladas, deberán presentar ante a dirección da Axencia Tributaria de Galicia, no prazo máximo dun mes desde o momento en que teña eficacia a autorización de instalación da sala de bingo pola obtención do permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación na Sección de Salas do Rexistro do Xogo do Bingo, unha solicitude de autorización xunto cunha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, mediante as cales se procederá a declarar a alta no censo regulado na sección 5ª do capítulo III desta orde. No caso de que un suxeito pasivo teña en explotación máis dunha sala de bingo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá presentar unha solicitude de autorización por cada unha das salas de bingo situadas en Galicia. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no punto anterior.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

P/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544189

Fax: 981544169

Email: xestion.centralizada@atriga.es

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A Orde do 1 de febreiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 27 de xaneiro de 2014 entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. O pagamento e a presentación das autoliquidacións da taxa fiscal sobre o xogo do bingo que corresponda polo desenvolvemento do xogo do bingo en salas situadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá realizarse por medios electrónicos, a través da aplicación que a Axencia Tributaria de Galicia poña á disposición dos suxeitos pasivos na Oficina virtual tributaria (OVT), nas condicións e de acordo co procedemento previsto nesta orde.

2. O resto das obrigas tributarias reguladas nesta orde deberán cumprirse por medios electrónicos a través da aplicación que a Axencia Tributaria de Galicia poña á disposición dos suxeitos pasivos na OVT, nas condicións e de acordo cos procedementos previstos nesta orde.

  • As empresas autorizadas pola consellería competente en materia de xogo para o desenvolvemento do xogo do bingo deberán solicitar electronicamente ante a Axencia Tributaria de Galicia os cartóns para o xogo do bingo, a traves da aplicación que esta poña á súa disposición na OVT nas condicións e de acordo co procedemento previsto no capítulo III desta orde, ou mediante calquera outro programa que xere un ficheiro que se axuste ás características que determine e aprobe a dirección da Axencia Tributaria de Galicia.

  • Os cartóns autorizados pola consellería competente en materia de xogo para o desenvolvemento do xogo do bingo, serán subministrados de forma electrónica pola Axencia Tributaria de Galicia, a traves da aplicación que esta poña á disposición das empresas as que se refire o punto anterior, na OVT, nas condicións e de acordo co procedemento previsto nesta orde, ou mediante calquera outro programa que xere un ficheiro que se axuste ás características que determine e aprobe a dirección da Axencia Tributaria de Galicia.

  • Apróbanse os modelos en formato electrónico que figuran, respectivamente, nos anexos II, III, IV e V desta orde e que se relacionan a seguir, para os efectos da solicitude de subministración de cartóns de bingo e do cumprimento das obrigas tributarias a que se refire esta orde:

    • Modelo S. Solicitude de subministración de cartóns de bingo.

    • Modelo 006. Comunicación de modificación dos datos do Censo electrónico de salas de bingo de Galicia (CESBIGA).

    • Modelo D-043. Modelo de declaración informativa do xogo do bingo.

    • Modelo 043. Taxa fiscal sobre o xogo. Bingo. Autoliquidación.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se regulan a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2014).

    • Orde do 1 de febreiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se regulan a subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo (DOG nº 28 do 9 de febreiro de 2017).

    • Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se modifican as instrucións dos modelos de declaración e autoliquidación dos tributos sobre o xogo e as especificacións técnicas de determinados arquivos informáticos para a presentación deles conforme a Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento de determinados impostos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 183 do 9 de setembro de 2020).

    • Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.(DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se modifican as instrucións dos modelos de declaración e autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, da taxa fiscal sobre o xogo do bingo e da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.(DOG núm. 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021).

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano