Guía de procedementos e servizos

ED702B

Obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 09/06/2026 00:00 - 07/07/2026 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

 Convocatoria para a presentación de solicitudes por parte dos interesados que desexen obter a avaliación para poderen ser contratados como persoal docente e investigador, por algunha das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia (SUG), como profesorado contratado doutor e de universidade privada  de conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario (LOSU) (BOE núm. 70 do 23.03.2023), que derroga a Lei 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades; e que debe emitir o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Todas aquelas persoas que posúan o título de doutor.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n. Edificio Fontán, 2º andar

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981534469

Email: acsug@acsug.es

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

09/06/2026 00:00 - 07/07/2026 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe do consorcio ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor e profesorado de universidade privada.

  • Avaliacións ou informes previos á contratación do profesorado universitario ( 30.54.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes

1. As persoas solicitantes deberán cubrir os seus datos persoais, os datos específicos do procedemento así como o recadro da documentación que vai a presentar, no anexo I (solicitude) na aplicación informática do consorcio ACSUG, accedendo a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas

2. Feito isto, deberá xerarse o correspondente documento pdf do anexo I e presentalo obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (procedemento ED702B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación a través da sede electrónica responde ao disposto nos artigos 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e 10.2 da Lei de administración dixital de Galicia, que establecen a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos co sector público autonómico para determinados procedementos e certos colectivos de persoas físicas respecto dos cales, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen o acceso e a dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderá dirixirse ao teléfono do servizo de Atención e Información á Cidadanía 012 ou o seu equivalente 981 90 06 43, ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar:

Anexo I (solicitude) cuberto e xerado na aplicación do consorcio ACSUG.

– Xustificante do pago da taxa administrativa devindicada pola tramitación da solicitude (código 305401), salvo que este se efectúe a través da sede electrónica, caso no que o xustificante se xerará automaticamente.

– Documentación xustificativa dos méritos curriculares que se aleguen.

Respecto á documentación xustificativa dos méritos curriculares rexerá o disposto na base novena.

2. A documentación complementaria deberá presentarse a través da sede electrónica.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– Título universitario de doutor.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se regula a avaliación e o informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia previos á contratación de profesor contratado doutor, profesor axudante doutor, profesor de universidade privada e profesor colaborador (DOG nº 189 do 25 de setembro de 2009).

    • Resolución do 27 de maio de 2026 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2026 (DOG nº 105 do 08 de xuño de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/09/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59