Guía de procedementos e servizos

ED702B

Obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 06/07/2021 00:00 - 02/08/2021 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Apróbase a convocatoria para a presentación de solicitudes dos interesados que desexen obter a avaliación, para poderen ser contratados como persoal docente e investigador, por algunha das universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia (SUG), como profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor, de conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e que debe emitir o consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) (código de procedemento ED702B).

Todas aquelas persoas que posúan o título de doutor.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981534173

Fax: 981534174

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

06/07/2021 00:00 - 02/08/2021 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe do consorcio ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor.

  • Avaliacións ou informes previos á contratación do profesorado universitario ( 30.54.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Forma e lugar de presentación das solicitudes.

1. As persoas solicitantes deberán cubrir o modelo de solicitude (anexo I) a través da aplicación informática do consorcio ACSUG, accedendo a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Deberá indicarse para cal ou cales das figuras contractuais se solicita a avaliación. No caso de que se pida máis dunha figura, farase na mesma solicitude.

2. Unha vez cuberta a solicitude na aplicación do consorcio ACSUG do xeito que se indica no punto anterior e realizado o pagamento das taxas administrativas correspondentes, a dita solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) conforme o establecido no artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Esta exixencia obedece á necesidade dun maior aproveitamento das tecnoloxías dixitais na relación electrónica coa ciudadanía, contribuíndo así a unha Administración máis sustentable e eficiente.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderá dirixirse ao teléfono do servizo de Atención e Información á Cidadanía 012.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Xustificante do pagamento das taxas devindicadas pola tramitación da solicitude.

– Documentación xustificativa dos méritos curriculares que se aleguen.

Respecto á documentación xustificativa dos méritos curriculares, rexerá o disposto na base novena.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En calquera caso, esta documentación deberá ser presentada antes de rematar o prazo da convocatoria. En caso contrario, a documentación non será tida en conta.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación desta documentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpra co disposto nesta base.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a esta consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– Título universitario de doutor.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de setembro de 2009 pola que se regula a avaliación e o informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia previos á contratación de profesor contratado doutor, profesor axudante doutor, profesor de universidade privada e profesor colaborador (DOG nº 189 do 25 de setembro de 2009).

    • Resolución do 23 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2021 (DOG nº 126 do 5 de xullo de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59