Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED701A
Avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de excelencia curricular docente e investigadora.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de solicitudes para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario (código de procedemento ED701A).
De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981534173
Fax: 981534174
Prazo de presentación: PECHADO
23/03/2022 00:00 - 21/04/2022 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa á asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración será necesario acreditar, antes do remate do prazo establecido para a presentación das solicitudes:
1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.
O persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se encontre en situación de servizos especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente a solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da dita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.
2. Ter, polo menos, un ano de servizo na súa praza cumprido o 31 de decembro de 2020.
3. Ter concedidos e recoñecidos, polo menos, dous quinquenios de docencia pola Universidade con data igual ou anterior ao 31 de decembro de 2020.
4. Ter concedido e recoñecido, polo menos, un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI), con data igual ou anterior ao 31 de decembro de 2020.
5. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude, polo consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.
Forma e lugar de presentación das solicitudes.
1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitud (anexo III), no modelo dispoñible na aplicación informática do consorcio ACSUG, á cal se deberá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Feito isto, deberá xerarse o correspondente documento PDF e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
É importante ter en conta que non se valorarán as solicitudes que non fosen xeradas a través da aplicación informática do consorcio ACSUG e presentadas posteriormente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, tal e como se indica nos parágrafos anteriores.
Para a presentación das solicitudes na sede electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:
– Documentación xustificativa dos méritos curriculares que se aleguen.
– Documentación acreditativa, de ser o caso, do desfrute de permiso por baixa maternal ou paternal no período 2016-2020.
– Curriculum vitae completo, actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+D, etc.).
– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. Na propia aplicación informática do consorcio ACSUG existe un espazo habilitado para o efecto para achegar os xustificantes dos méritos alegados.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En calquera caso, esta documentación deberá ser presentada antes de rematar o prazo da convocatoria. De xeito contrario, a documentación non se terá en conta.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. Non se admitirá a trámite nin se valorará ningunha documentación xustificativa dos méritos alegados que non cumpran co disposto nesta base.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Estar integrado no cadro de persoal docente como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza o 31 de decembro de 2020.
d) Número de quinquenios de docencia recoñecidos pola Universidade.
e) Número de sexenios recoñecidos pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente, habilitado no formulario correspondente, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de outubro de 2006 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración e os procedementos para solicitar a valoración previa e asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión (DOG nº 207 do 26 de outubro de 2006).
-
Resolución do 11 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2021 (DOG nº 56 do 22 de marzo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59
Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia
Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59