Guía de procedementos e servizos

ED701A

Valoración previa á asignación das retribucións adicionais á excelencia curricular docente e investigadora.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 24/01/2018 00:00 - 20/02/2018 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981534173

Fax: 981534174

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Prazo de presentación: PECHADO

24/01/2018 00:00 - 20/02/2018 23:59

O prazo para presentar as instancias solicitando a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa á asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración será necesario:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.

Cando o persoal docente e investigador que, cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se atope en situación de servizos especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da devandita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Que a praza do solicitante sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.

3. Acreditar polo menos un ano de servizo na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2016.

4. Ter recoñecidos, con efectos do 31 de decembro de 2016, dous quinquenios de docencia pola universidade.

5. Ter recoñecido, con efectos do 31 de decembro de 2016, un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI).

6. Valoración positiva dos méritos nos cales se sustente a solicitude, pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

  • Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

    • Documentación xustificativa dos méritos curriculares que se aleguen.

    • Documentación acreditativa, se for o caso, do desfrute de permiso por baixa maternal ou paternal no período 2012-2016.

    • Curriculum vitae completo actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+D, etc.).

    • Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa solicitante.

  • b) Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia, con praza fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei, e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2016.

  • c) Número de quinquenios de docencia recoñecidos pola universidade con efectos do 31 de decembro de 2016.

  • d) Número de sexenios recoñecidos pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI), con efectos do 31 de decembro de 2016.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos, do xeito indicado na base quinta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude (anexo III), no modelo dispoñible na aplicación informática da ACSUG á cal se deberá acceder a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas.

  • Unha vez cuberta a solicitude do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude en formato papel, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente no espazo dispoñible para o efecto na aplicación informática da ACSUG a que se accederá a través da páxina web http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En calquera caso, esta documentación deberá ser presentada antes de rematar o prazo da convocatoria. De xeito contrario, a documentación non será tida en conta.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes (DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59