Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED531D
Réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, que impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado.
1. Poderán ser beneficiarios das axudas establecidas nesta orde os centros docentes privados que teñan concerto educativo vixente coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en que se impartan ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, cuxas titularidades, persoas físicas ou xurídicas cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As probas están destinadas a alumnado que estea matriculado, durante o curso 2025/26, en 2º de bacharelato, 4º de ESO e 2º curso de ciclos medios e superiores de formación profesional.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa
Servizo de Innovación e Programas Educativos
Edificio Administrativo San Caetano. Bloque 3.
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997497
Email: edulinguas@edu.xunta.es
Prazo de presentación: ABERTO
10/01/2026 00:00 - 09/02/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento, non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
Forma de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Así mesmo, e co fin de axilizar o proceso de solicitude, os centros educativos participantes nesta convocatoria deberán completar os datos requiridos no formulario electrónico dispoñible na aplicación á cal se accede na ligazón https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos, seleccionando Programas de éxito educativo na pestana Programa, convocatoria 2025-2026, e premendo en Acreditación LE alumnado de centros concertados.
3.A persoa responsable da dirección do centro, ou persoa autorizada, terá o permiso para rexistrar e completar o formulario electrónico na aplicación informática, onde fará constar os datos de identificación do centro e da persoa directora requiridos, así como:
– O número de alumnado candidato ás probas;
– O curso, etapa ou ciclo en que está matriculado o alumnado candidato.
Documentación.
1. O pagamento da axuda farase de conformidade co disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, antes do remate do mes de outubro de 2026, logo da xustificación, polo beneficiario, da realización da actividade para a que se concedeu.
2. Para tal fin, os centros beneficiarios deberán presentar, antes do 8 de setembro de 2026, a seguinte documentación:
a) Anexo II: xustificación para o pagamento, debidamente cuberto en todos os seus puntos, que incluirá:
– Os datos referidos, exclusivamente, ao alumnado beneficiario que se presentou ás probas, con indicación do seu número, o curso e a etapa, o idioma e nivel da/das proba/s realizada/s, o nome da empresa acreditadora e o importe total de gastos xustificables.
– Declaración doutras axudas.
b) Factura da entidade ou empresa acreditadora expedida a nome do centro, na que conste o importe que corresponda, exclusivamente, ao alumnado do centro que resultou beneficiario das axudas e realizou ás probas. Os centros beneficiarios deben achegar, ademais, a xustificación do pagamento á entidade que realizou as probas.
Non deberá figurar ningún outro alumnado que non resultara beneficiario das axudas.
3. Os documentos acreditativos dos gastos deberán reunir todos os requisitos exixidos pola normativa vixente. Se a xustificación está incompleta ou é incorrecta, pagarase unicamente a cantidade da axuda concedida correctamente xustificada.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoñan á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación para o pagamento (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2025/26 (DOG nº 05 do 09 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2025/26 (DOG nº 05 do 09 de xaneiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano