Guía de procedementos e servizos

ED516B

Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e fomento da lectura.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Curso 2025/2026 - Prazo pechado: 04/02/2026 00:00 - 03/03/2026 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Convocar axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura. 

Centros docentes privados que teñan concerto educativo vixente coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio e superior, cuxas titularidades, persoas físicas ou xurídicas cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Servizo de Innovación e Programas Educativos

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546547

Email: bibliotecasescolares@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

04/02/2026 00:00 - 03/03/2026 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Os centros privados concertados que desexen optar a estas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Contar cun espazo destinado exclusivamente á biblioteca escolar do centro e equipamento específico para ela.

b) Designar unha persoa integrante do equipo docente entre o profesorado estable no centro que forme parte do concerto educativo, por un período mínimo de dous anos, e con asignación de horas, dentro do seu horario lectivo e/ou complementario, en número suficiente para as funcións que lle son propias, aproveitando as marxes que ofrece a actual configuración do réxime horario do profesorado. Este responsable integrarase na Comisión de coordinación pedagóxica do centro. Esta persoa nomearse co cargo coordinador/a de biblioteca na aplicación CentrosPrivados (https://www.edu.xunta.gal/centrosprivados/).

c) Incluír na programación xeral anual e aprobar previamente no consello escolar as liñas de actuación solicitadas a través desta convocatoria.

d) Os requisitos para cada unha das modalidades de axudas determínanse nos artigos de modalidades específicas desta orde.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED516B).

Todos os demais anexos estarán accesibles, para efectos informativos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web ProgramasBibliotecas https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas, cubrindo o formulario electrónico ED516B-anexo I Axudas para centros privados concertados no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2025/26, dispoñible na aplicación.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña e, posteriormente, realizarán a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo as indicacións dispoñibles na aplicación https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas

4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Deberá cubrirse unha única solicitude por centro, en que se recollerán todas as modalidades de axuda solicitadas. No caso de que algún centro presente unha nova solicitude, entenderase que desiste da anterior.

6. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria.

Documentación complementaria.

1. Os centros docentes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1.1. Plan de mellora de bibliotecas escolares-concertados:

1.1.1. Centros que se incorporen por primeira vez e centros non integrados no programa no curso anterior:

a) Análise da situación da biblioteca do centro (anexo II).

b) Memoria de actividades realizadas no período 2023-2025 (anexo III).

c) Programa de biblioteca escolar para o curso 2025/26 (anexo IV).

d) Relación do profesorado responsable da biblioteca escolar e integrante do equipo de apoio no curso 2025/26 (anexo V).

e) Certificado da persoa titular da dirección coa data de presentación no claustro do programa de biblioteca para a súa aprobación (anexo VI).

f) Certificado da persoa titular da dirección coa data de aprobación no consello escolar do programa de biblioteca para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo VII).

g) Certificados acreditativos das actividades de formación do profesorado responsable de poñer en marcha o programa de biblioteca escolar e compromiso escrito de participar na formación específica que se oferte durante o curso 2025/26.

1.1.2. Centros incorporados nas convocatorias entre 2016 e 2024 e que solicitan a continuidade:

a) Liñas prioritarias de actuación da biblioteca escolar para o curso 2025/26 (anexo VIII).

1.2. Clubs de lectura-concertados:

1.2.1. Centros que se incorporen por primeira vez e centros non integrados no programa no curso anterior:

a) Certificado da persoa titular da dirección coa data de aprobación no consello escolar do proxecto de clubs de lectura para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo IX).

b) Descrición do proxecto de clubs de lectura (anexo X).

c) Certificados acreditativos das actividades de formación do profesorado responsable dos clubs de lectura e compromiso escrito de participar na formación específica que se oferte durante o curso 2025/26.

1.2.2. Centros que participaron no programa Clubs de lectura-concertados no curso 2024/25:

Certificado da persoa titular da dirección coa data de aprobación no consello escolar do proxecto de clubs de lectura para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo IX).

1.3. Radio na biblio-concertados:

a) Certificado da persoa titular da dirección conforme a emisora de radio e as súas actividades estarán vinculadas á biblioteca escolar (anexo XI).

1.4. Biblioteca inclusiva-concertados:

a) Memoria das actividades da biblioteca escolar no curso 2024/25 (anexo XII).

b) Descrición das necesidades concretas para avanzar como biblioteca inclusiva (anexo XIII).

1.5. Lectura e familias-concertados:

a) Certificado da persoa titular da dirección coa data de aprobación no consello escolar do proxecto de Lectura e familias para a súa inclusión na programación xeral anual (anexo XIV).

b) Descrición do proxecto Lectura e familias (anexo XV).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. De conformidade co previsto no punto 1 do artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou xunte a documentación preceptiva, con indicación de que, de non facelo así, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21.1 da dita lei.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI o NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e de xustificación do gasto (anexo XVI) e achegar os documentos.

3. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, para o curso 2025/26 (DOG nº 22 do 03 de febreiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia, no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, para o curso 2025/26 (DOG nº 22 do 03 de febreiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano