Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED506A - Subscrición e renovación dos concertos educativos con centros docentes privados.
Obxecto
A presente orde ten por obxecto establecer as normas relativas á subscrición, renovación e modificación dos concertos educativos cos centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas que se sinalan no número 2 do artigo 1 desta orde, e a súa convocatoria para os cursos 2017/18 e seguintes.
A quen vai dirixido?
Os centros docentes privados da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan as ensinanzas sinaladas no artigo 1.2 e cumpran os requisitos que establecen esta orde e a demais normativa vixente.
Requisitos
1. a) Todas as unidades deberán estar autorizadas previamente á solicitude do concerto de acordo coa normativa vixente.
b) Non obstante, poderá solicitarse concerto para unidades que, durante o mes de xaneiro, se atopen en trámite de autorización. Neste suposto, a concesión do concerto educativo para as ditas unidades estará condicionada á efectiva obtención da autorización antes do inicio do curso académico.
c) Os centros docentes privados que desexen acceder por primeira vez ao concerto terán que levar máis de cinco anos funcionando desde a data da súa autorización definitiva, a non ser que manifestasen a súa vontade de acollerse a este réxime no momento de solicitar a autorización.
2. No segundo ciclo de educación infantil e nos niveis de ensino obrigatorio, os centros privados concertados non poderán ter en funcionamento ningunha unidade máis que as concertadas, sen prexuízo do previsto no artigo 17 e na disposición adicional segunda do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro.
3. Os centros docentes privados que soliciten o concerto terán que estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
Servizo de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546518
Fax: 981546542
Email: dxcrrhh@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Xefatura Territorial Da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Da Coruña
Servizo de Programación e Contratación da Coruña
Vicente Ferrer, 2
15071 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981184745
Fax: 981184785
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Xefatura Territorial Da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo
Servizo Xurídico e Técnico Administrativo, Programación e Contratación de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 982294190
Fax: 982294152
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Xefatura Territorial Da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense
Servizo Xurídico e Técnico Administrativo, Programación e Contratación de Ourense
R/ Concello, 11
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386653
Fax: 988386600
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Xefatura Territorial Da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra
Servizo de Programación e Contratación de Pontevedra
Avda. Fernández Ladreda, 43 - 7º e 8º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805905
Fax: 986805937
Órgano responsable
Subdirección Xeral de Centros
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 23 de xullo de 2020 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional (DOG núm. 159 do 10 de agosto de 2020).
Orde do 14 de marzo de 2017 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2017/18 e seguintes (DOG nº 59 do 24 de marzo de 2017).
Orde do 18 de agosto de 2022 pola que se modifican os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de formación profesional. (DOG nº 162 do 26 de agosto de 2022).
Ámbito Estatal
Lei Orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación (BOE nº 159 do 4 de xullo de 1985).
Real Decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de Normas Básicas sobre Concertos Educativos (BOE nº 310 do 27 de decembro de 1985)
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE nº 106 do 4 de maio de 2006).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
- Curso 2017/2018: 1 mes dende o día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia.
- Cursos 2018/2019 e 2019/2020 e 2020/2021 e 2021/2022 e 2022/2023 no mes de xaneiro anterior ao inicio do ano académico para o cal se solicita.
Documentación para a presentación
- Para a subscrición ou renovación do concerto das ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e de ciclos formativos de formación profesional de grao superior, de grao medio e de formación profesional básica, presentarase a solicitude conforme o modelo do anexo I desta orde
- Presentarán unha memoria explicativa na cal se fará constar a seguinte información:
- 1º. Para todos os centros:
- Nivel educativo para o que se formula a solicitude, con expresión do número de unidades autorizadas e en funcionamento. Se se trata de unidades de formación profesional especificaranse os ciclos formativos. Se se trata dun centro que imparte educación secundaria ao cal estea adscrito algún centro de educación primaria, ou dun centro de educación primaria ao cal estea adscrito algún centro de educación infantil, farase constar tal circunstancia.
- 1º. Para todos os centros:
- Composición resultante e calquera outro dato que o solicitante considere pertinente.
- 2º. Os centros que soliciten o acceso ao réxime de concertos por primeira vez engadirán na memoria a seguinte información:
- Condicións socioeconómicas da poboación escolar atendida polo centro.
- Experiencias pedagóxicas que se realicen no centro e interese delas para a calidade do ensino e para o sistema educativo.
- Acreditación da identidade da persoa solicitante/representante:
- 1º. Para persoas físicas: copia do DNI da persoa solicitante, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- 2º. Para persoas xurídicas: copia do NIF da entidade solicitante, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- 3º. Copia do DNI da persoa representante, no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"