Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED505C
Convocatoria e selección de centros privados concertados para participar no programa de capacitación dixital, campamentos dixitais de verán.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A selección de centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de adquisición de competencias dixitais DixiCamp para garantir a inclusión dixital dende a infancia.
1. O programa está dirixido a todo o alumnado de entre 9 e 17 anos, especialmente a aqueles alumnos e alumnas que se atopen en situación de vulnerabilidade educativa, social e/ou económica.
2. Poderán participar nesta convocatoria todos os centros privados concertados en que se impartan ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de educación secundaria postobrigatoria durante o curso 2024/25.
3. Os centros poderán conformar grupos de alumnado dun mínimo de 15 ata un máximo de 25, atendendo ás modalidades sinaladas no punto 3 do artigo 3.
4. De acordo co establecido na ficha do compoñente 19 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, o alumnado destinatario deste programa non pode ter sido beneficiario doutros programas de capacitación dixital financiados cos mesmos fondos. As empresas responsables da xestión e organización das actividades formativas farán as pertinentes comprobacións a través da plataforma de formación habilitada.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa
Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997636
Email: xsioe@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
12/04/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes das axudas comezará a computarse transcorridos 8 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e será dun mes.
Os centros participantes deberán garantir:
1. Medios técnicos para o desenvolvemento do programa, con espazos e equipamento para as actividades formativas. En concreto, cada alumna ou alumno participante deberá ter á súa disposición un equipo de uso individual, que pode ser un ordenador de sobremesa, un ordenador portátil ou unha tableta.
2. Espazo para o xantar do alumnado.
3. Espazos para a realización das actividades complementarias.
4. O compromiso de adopción de medidas que prioricen na súa solicitude a participación do alumnado do centro educativo en situación de maior vulnerabilidade educativa, social e/ou económica (tales como a priorización por criterios de renda per cápita por unidade familiar, situación laboral de desemprego dos proxenitores, con dificultades de acceso á tecnoloxía, discapacidade, etc.).
Solicitudes.
1. A solicitude de participación será realizada pola dirección do centro, segundo o documento anexo a esta convocatoria (anexo I).
2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizase a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
3. A solicitude estará asinada pola persoa responsable da dirección do centro educativo.
4. No caso de presentación doutras axudas para o mesmo proxecto ou actividade, a persoa solicitante indicará na declaración responsable da solicitude (anexo I) o conxunto de todas as presentadas ou concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados e a súa contía. No caso contrario, declarará non telas solicitado.
En todo caso, a persoa solicitante declarará non estar incursa en ningunha das circunstancias que, de conformidade co artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, impide obter a condición de beneficiaria e, así mesmo, que asume o compromiso de manter o cumprimento deste requisito durante o período de tempo de xestión e xustificación da subvención.
Documentación complementaria.
As persoas responsables da dirección do centro educativo deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Certificado asinado pola persoa responsable da dirección do centro educativo que acredite o cumprimento dos requisitos do artigo 10, segundo o anexo II.
2. Toma de coñecemento do financiamento do programa, segundo o anexo III.
3. Listaxe do alumnado participante por cada grupo en que se fagan constar nome, apelidos, DNI, sexo, data de nacemento do alumno ou alumna e preferencia de quenda.
4. Declaración responsable de ausencia de conflito de intereses (DACI) en relación coa prevención, detección e corrección da fraude, a corrupción e os conflitos de intereses que establece a normativa española e europea e os pronunciamentos que, respecto da protección dos intereses financeiros da Unión, realizasen ou poidan realizar as institucións da Unión Europea (anexo IV.A da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro).
5. Declaración responsable de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), establecida no artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, para a identificación do perceptor final de fondos (anexo IV.B da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro).
6. Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo IV.C da Orde HPF/1030/2021).
7. Declaración responsable, no caso das empresas que resultasen beneficiarias dos préstamos ou anticipos con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia en exercicios anteriores, de estar ao día no pagamento das obrigacións de reembolso de calquera outro préstamo ou anticipo concedido anteriormente con cargo aos créditos especificamente consignados para a xestión destes fondos nos orzamentos xerais do Estado.
8. Declaración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (DNSH) (anexo IV).
9. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.
10. Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para cumprir o previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Segundo o establecido no artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, se a solicitude non reúne os requisitos establecidos nesta convocatoria ou non se acompaña dos documentos indicados, requiriranse as persoas interesadas para que a emenden no prazo máximo e improrrogable de dez días. De non facelo así, considerarase que desisten da súa petición, logo do ditado da correspondente resolución.
Comprobación de datos e identificación do perceptor final.
1. Para a tramitación deste procedemento e para cumprir coa obriga da identificación do perceptor final prevista no artigo 8, número 2, da Orde HFP/1030/2021, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Domicilio fiscal da entidade solicitante.
e) Os beneficiarios que desenvolvan actividades económicas, a inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria (no caso de que non se poida consultar este dato, debe achegalo o beneficiario).
f) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a convocatoria e selección de centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 63 do 1 de abril de 2025).
-
Extracto da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a convocatoria e selección de centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 63 do 1 de abril de 2025).
-
Corrección de erros. Extracto da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a convocatoria e selección de centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 67 do 7 de abril de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano