Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED504E
Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2025/26 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras .
Centros privados concertados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e/ou formación profesional.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa
Servizo de Innovación e Programas Educativos
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546504
Fax: 981546550
Email: auxiliaresgalicia@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
10/01/2026 00:00 - 09/02/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Os centros privados concertados que desexen optar a estas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
1. Ter o concerto educativo vixente coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e contar con titularidades, persoas físicas ou xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007.
2. Impartir ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e/ou formación profesional.
3. Ter en funcionamento seccións bilingües ou ser centros plurilingües.
4. Dispoñer dunha persoa auxiliar de conversa que teña como lingua materna a lingua vehicular estranxeira que se imparte na aula e que posúa unha diplomatura, licenciatura, unha titulación de grao ou equivalentes. Tamén poderán desenvolver esta función as persoas estudantes que, tendo como lingua materna a lingua vehicular estranxeira que se imparte na aula, estean a cursar o último curso académico dos seus estudos universitarios de grao ou equivalentes.
5. Formalizar un contrato coa persoa auxiliar de conversa, cunha duración non inferior a sete meses, de natureza laboral ou mercantil. No caso de persoas que desenvolvan esta función no marco de programas de formación vinculados a acordos con entidades ou organismos públicos e privados dos amparados polo Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participan en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, deberán acreditar a existencia do acordo en que se encadra a actuación da persoa auxiliar e os termos do desenvolvemento das prácticas. Do mesmo xeito, aquelas persoas auxiliares que accedan cun visado de estudos deberán cumprir co artigo 35 do Real decreto 1155/2024, do 19 de novembro, polo que se aproba o regulamento da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social. Igualmente, será preciso que todas as persoas auxiliares de conversa e os centros docentes cumpran coa lexislación vixente.
6. Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde:
Os centros privados concertados en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
Forma de presentación.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoñan á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2025/26 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (DOG nº 05 do 09 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2025/26 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (DOG nº 05 do 09 de xaneiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano