Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED481A - Axudas de apoio a etapa predoutoral.
Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Gain, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG, aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutoras e doutores nos seus centros (códigos de procedemento ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades), con dúas modalidades:
– Modalidade A: axudas cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 destinadas ao apoio á etapa predoutoral para investigadoras e investigadores que desenvolvan un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e que teñan unha persoa designada para dirixir ou codirixir a tese que cumpra os seguintes requisitos segundo a entidade solicitante:
1. No caso de solicitudes presentadas por universidades do SUG, que cumpra algún dos seguintes requisitos:
1º. Que estea integrada nun grupo de investigación, nunha agrupación estratéxica ou nun centro de investigación que contara con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nalgunha das convocatorias dos anos 2014 a 2017. No caso das agrupacións estratéxicas do ano 2015, teñen que ter superada a avaliación final do programa.
2º. Que estea integrada nunha Unidade de Excelencia María de Maeztu acreditada pola Axencia Estatal de Investigación.
3º. Que sexa unha persoa investigadora contratada pola Gain no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.
2. No caso das demais entidades solicitantes indicadas no artigo 2.1, que cumpra algún dos seguintes requisitos:
1º. Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo programa Feder-Innterconecta ou contrato programa da Gain entre os anos 2014 e 2017.
2º. Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de actividades financiadas pola Gain entre os anos 2014 e 2017.
3º. Ter sido investigador ou investigadora principal de proxectos financiados polo Plan nacional de I+D+i durante os anos 2014 e 2017. A entidade beneficiaria deste proxecto, ou proxectos, deberá ser a mesma que a entidade solicitante destas axudas.
4º. Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2014 e 2017, en proxectos nos que a entidade solicitante participara en calidade de socio.
5º Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2014 e 2017, en proxectos nos que a entidade solicitante participara en calidade de líder.
Se durante a vixencia da axuda se produce un cambio na dirección da tese, a nova persoa proposta deberá cumprir os mesmos requisitos polos que a axuda foi adxudicada.
– Modalidade B: axudas de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral, mediante as cales se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.
Para ambas as modalidades establécese a posibilidade de realizar estadías de tres meses de duración no estranxeiro, que favorezan unha mellora na formación das investigadoras e dos investigadores e que posibiliten que acaden a mención de doutora ou doutor internacional.
O número e importe máximo das axudas concedidas para cada unha das modalidades serán:
– Modalidade A: 57 axudas. O importe máximo de cada axuda é de 23.500 € anuais. O número máximo de persoas non comunitarias que poderán obter este tipo de axudas é de catro. Con fin de garantir o cumprimento dos obxectivos fixados no programa operativo FSE Galicia para o período 2014-2020, polo menos 50 axudas deben recaer en persoas candidatas presentadas polas universidades do SUG.
– Modalidade B: 43 axudas. A previsión inicial é de 40 para o SUG e as restantes para as demais entidades indicadas no artigo 2.1. O importe máximo de cada axuda é de 20.500 € anuais. As axudas desta modalidade distribuiranse entre as ramas de coñecemento das cinco recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas; e Enxeñaría e Arquitectura), de maneira que se garanta un mínimo de 10 axudas no ámbito das universidades para Artes e Humanidades e 10 para Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que o número de solicitudes o permita. O número máximo de persoas non comunitarias que poderán obter unha axuda desta modalidade é de catro.
Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur) e os centros do CSIC e do IEO radicados en Galicia, que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato predoutoral de duración determinada e con dedicación a tempo completo, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á institución onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder tres. Se se concertase un contrato de duración inferior a tres anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. A actividade desenvolvida será avaliada anualmente pola comisión académica do programa de doutoramento, durante o tempo que dure a súa permanencia no programa, e o contrato poderá resolverse no caso de non superarse favorablemente esta avaliación.
a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas non comunitarias poderán ser candidatas á axuda aínda que, para formalizar o contrato, deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de axudas que se concedan a persoas non comunitarias é o que se indica no artigo 4 desta orde para cada unha das diferentes modalidades.
b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do SUG para o curso 2017/18. Esta matrícula terá que estar formalizada necesariamente a tempo completo antes da sinatura do contrato.
c) Que a data de obtención do título universitario de licenciatura, grao ou equivalente empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento correspondente sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2014. Enténdese como data de finalización destes estudos a de superación da última materia para os completar. Esta data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2011 nos seguintes casos:
1º. As persoas licenciadas ou graduadas en Medicina, Farmacia, Bioloxía, Química ou Psicoloxía que na data de peche do prazo de presentación de solicitudes estean en posesión do título oficial de especialidade médica (MIR) ou farmacéutica (FIR) ou conten co certificado oficial de especialidade en bioloxía (BIR), química (QUIR) ou psicoloxía (PIR).
2º. As persoas candidatas que acrediten fidedignamente que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2013.
3º. As persoas candidatas que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
4º. As persoas que acrediten fidedignamente que interromperon os estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.
d) Contar no expediente académico cunha nota media igual ou superior a 7, ou a 6 para as titulacións de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado no artigo 6.1.c).
Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas persoas que estean en posesión do título de doutor nin persoas que fosen seleccionadas ou contratadas noutras convocatorias predoutorais da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995152 / 881995157
Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo) - 15781 Santiago
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957392 / 981957387
Fax: 981541039
Email: programas.gain@xunta.es
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Orde do 16 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se amplía a duración e o crédito das axudas vixentes de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (DOG nº 124 do 25 de xuño de 2020).
Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se acorda a apertura dos procedementos do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos como consecuencia da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19 (DOG nº 107 do 3 de xuño de 2020).
Resolución do 16 de maio de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 101 do 29 de maio de 2018).
Resolución do 3 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se modifica parcialmente a Resolución do 16 de maio de 2018 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 178 do 18 de setembro de 2018).
Resolución do 8 de outubro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 16 de maio de 2018 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 202 do 23 de outubro de 2018).
Resolución do 16 de outubro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 16 de maio de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018 (DOG nº 204 do 25 de outubro de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
07/02/2018 00:00 - 06/03/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
-
Solicitude segundo o Anexo II.
-
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
-
a) Anexo III. Declaración asinada pola persoa candidata a ser destinataria da axuda na que conste:
-
Que presenta a súa candidatura por unha única modalidade e a través dunha única entidade solicitante.
-
Que non foi seleccionada ou contratada con cargo a outras convocatorias de recursos humanos da Xunta de Galicia.
-
Que non ten o título de doutor/a.
-
No caso de que desfrutase dunha bolsa de colaboración nun departamento universitario, a referencia ao diario ou boletín oficial da súa concesión. Se a concesión non está publicada nun boletín oficial deberá achegarse a resolución de concesión.
-
-
-
b) Declaración da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, segundo o anexo IV.
-
c) Certificación da universidade na que está matriculada a persoa candidata, asinada pola persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación ou persoa na que delegue, conforme o modelo normalizado do anexo V, na que se fagan constar os seguintes aspectos:
-
1º. Programa de doutoramento no que está matriculada a persoa candidata no curso 2017/18.
-
2º. Título de licenciatura, grao ou equivalente empregado para formalizar a matrícula no programa de doutoramento, universidade e campus onde se cursou, data de finalización e número de créditos superados.
-
3º. Nota media coa que se concorre a esta convocatoria, calculada de acordo cos seguintes criterios:
-
No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título universitario oficial español de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado/a nun grao de polo menos 300 créditos, valoraranse a totalidade dos créditos ou materias superadas.
-
No caso de ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado/a de menos de 300 créditos, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a e mestre/a, a nota media realizarase tendo en conta estes estudos máis a totalidade dos créditos superados no máster ou equivalente. Débese ter completado polo menos 300 créditos no conxunto dos estudos universitarios de grao ou primeiro ciclo e de máster ou equivalente. O cálculo realizarase de acordo coa seguinte fórmula:
-
-
(X*C1+M*C2) / (C1+C2)
Onde:
X: nota media obtida no grao ou no primeiro ciclo.
M : nota media obtida no máster ou equivalente.
C1: créditos superados no grao ou no primeiro ciclo.
C2: créditos superados no máster ou equivalente.
-
A nota media do expediente académico para estudos cursados no estranxeiro debe calcularse de acordo co disposto nas Resolucións do 20 de xuño e do 21 de xullo de 2016 da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (https://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/203615/ficha.html). A persoa candidata terá que tramitar a declaración de equivalencia da nota media de acordo con este procedemento e achegarlla á universidade na que está matriculada no programa de doutoramento para o cálculo da nota coa que se concorre á convocatoria. A verificación da declaración de equivalencia correspóndelle á universidade, que deberá revisar que os datos consignados nela coinciden cos do certificado presentado para darlle validez a esta, polo que só será válida se está acompañada do certificado académico oficial orixinal, ou fotocopia compulsada e, se é o caso, da tradución correspondente.
En todos os casos a nota coa que se concorre á convocatoria ten que estar adecuada ao Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, e tendo en conta os criterios sinalados no Protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as tres universidades galegas para a valoración de expedientes académicos.
-
d) Certificación asinada pola persoa competente (a persoa titular da vicerreitoría competente en materia de investigación, ou persoa en que delegue, ou ben a persoa responsable do organismo/centro de investigación respectivo), non obrigatoria para as solicitudes da modalidade B, en que se fagan constar os seguintes aspectos:
-
1º. No caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, indicación da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da que obtivo financiamento o grupo, agrupación estratéxica ou centro de investigación singular ao que pertence a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese, de que está integrado nunha Unidade de Excelencia María de Maeztu acreditada pola Axencia Estatal de Investigación con axuda vixente, ou no equipo de investigación dunha persoa investigadora contratada pola Gain no marco do programa Oportunius, ao abeiro do Decreto 64/2016 (DOG número 112, do 14 de xuño), polo que se regula o réxime de contratación pola Gain de persoal investigador baixo a modalidade de persoal investigador distinguido.
-
2º. No caso das demais entidades solicitantes indicadas no artigo 2.1, que a persoa designada para dirixir ou codirixir a tese cumpra algún dos seguintes requisitos, indicando a referencia (código de procedemento, número de expediente, título de proxecto e tipo de participación nel) que permita identificar a axuda específica:
-
Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo programa Feder-Innterconecta ou contrato programa da Gain entre os anos 2014 e 2017.
-
Ter sido investigador/a principal de proxectos financiados polo Plan nacional de I+D+i durante os anos 2014 e 2017. A entidade beneficiaria deste proxecto, ou proxectos, deberá ser a mesma que a entidade solicitante destas axudas.
-
Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2014 e 2017, en proxectos nos que a entidade solicitante participase en calidade de socio.
-
Ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados polo Programa marco de I+D da Unión Europea entre os anos 2014 e 2017, en proxectos nos que a entidade solicitante participase en calidade de líder.
-
-
-
e) Proxecto de traballo de investigación que se vai realizar para a obtención do grao de doutor/a, cunha extensión máxima de 4.000 palabras, asinado pola persoa investigadora e pola persoa designada para dirixir a tese, no que consten especificamente, polo menos, os seguintes aspectos:
-
Obxectivos e contidos básicos do traballo.
-
Metodoloxía.
-
Planificación temporal.
-
Transferencia de resultados.
-
-
f) Memoria da adecuación do proxecto de investigación ás liñas estratéxicas definidas no anexo I desta orde, asinada pola persoa candidata e pola persoa designada para dirixir a tese (opcional para a modalidade B).
-
g) Aprobación do proxecto de tese pola comisión académica do programa de doutoramento correspondente.
-
h) Certificado do nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira no que figure expresamente o nivel alcanzado de acordo co Marco común europeo de referencia para as linguas, de ser o caso.
-
i) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2 sobre as datas de finalización dos estudos, no caso das persoas que se acollan a estes supostos.
Nos anexos II e II bis recóllese unha declaración responsable da entidade solicitante na que se indica que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
Para os efectos de control, as entidades convocantes poderán requirir a documentación complementaria que consideren necesaria para o desenvolvemento das axudas.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) DNI ou NIE da persoa representante.
-
b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.
-
c) Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
-
d) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
-
e) Estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de xeito individualizado para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED481A para as universidades do SUG e IN606A para as demais entidades indicadas no artigo 2, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que sexa realizada a emenda.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
-
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
No caso de ter solicitado a axuda para estadía, antes do 15 de outubro de 2018, a entidade beneficiaria deberá remitirlle á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, a seguinte documentación:
-
a) Plan de traballo asinado pola persoa contratada e co visto e prace da persoa directora da tese.
-
b) Carta de aceptación do centro de destino asinada pola persoa directora do centro ou figura equivalente. O centro de destino deberá estar situado nun país incluído na zona que se indicou na solicitude e pola que se concedeu a axuda.
-
c) Autorización de ausencia da entidade beneficiaria.
-
Antes do inicio do período de estadía, a Secretaría Xeral de Universidades e a Gain publicarán nas súas páxinas web, para as universidades do SUG e para as demais entidades indicadas no artigo 2.1, respectivamente, a relación de persoas que desfrutarán de estadía, con indicación da entidade contratante, o país e a zona de destino.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Declaración da persoa designada para dirixir ou codirixir a tese (Anexo IV)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico, teña dificultades económicas para continuar os estudos
Axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do sistema universitario de galicia, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real Decreto 1000/2012, do 29 de xuño.
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral.
Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG.
Bolsas para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC (bolsas DigiTalent) dirixidas a estudantes do sistema universitario de galicia no curso 2019/20 no marco do Plan DigiTalent
Bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) (bolsas ordinarias).