Guía de procedementos e servizos

ED441D

Axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do sistema universitario de galicia, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real Decreto 1000/2012, do 29 de xuño.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 18/01/2018 00:00 - 19/02/2018 23:59

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula no curso académico 2017/18, do alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE núm. 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia.

Alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado en estudos universitarios oficiais.

Obrigas das persoas beneficiarias.

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:

a) Informar o órgano que concede a bolsa da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.

b) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.

d) Seguir con aproveitamento os estudos en que estea matriculada e non anular a matrícula.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Universidades

Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545431

Fax: 981545422

http://www.edu.xunta.es

Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario

Prazo de presentación: PECHADO

18/01/2018 00:00 - 19/02/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.

a) Posuír a nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea ou países terceiros, cando se acredite a condición de residente en España.

b) Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.

c) Estar matriculado en segundo e posteriores cursos nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2017/18 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes a unha titulación oficial de grao nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (BOE núm. 160, do 5 de xullo), nunha universidade do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá estar matriculado como mínimo de 45 créditos.

d) Ter sido beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2015/16 ou no 2016/17 e non a ter obtido no curso 2017/18.

e) Ter superado no curso 2016/17 a seguinte porcentaxe dos créditos matriculados, excluíndo os validados, recoñecidos ou adaptados:

– En estudos pertencentes á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (Enxeñaría ou Arquitectura), igual ou superior ao 60 % e menos do 65 %.

– En estudos pertencentes ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, igual ou superior ao 80 % e menos do 90 %.

f) Non estar incluídos nos casos de exención total de matrícula previstos no artigo 12 do Decreto 65/2017, do 6 de xullo (DOG núm. 134, do 14 de xullo), polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2017/18.

g) Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:

– Familias de 1 membro: 14.112,00 euros.

– Familias de 2 membros: 24.089,00 euros.

– Familias de 3 membros: 32.697,00 euros.

– Familias de 4 membros: 38.831,00 euros.

– Familias de 5 membros: 43.402,00 euros.

– Familias de 6 membros: 46.853,00 euros.

– Familias de 7 membros: 50.267,00 euros.

– Familias de 8 membros: 53.665,00 euros.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Anexo II de comprobación de datos de terceras personas interesadas para a consulta de datos dos membros da unidade familiar distintos da persoa solicitante.

    • b) Cando a persoa solicitante alegue a súa independencia familiar e económica, deberá presentar a documentación xustificativa de ter domicilio en propiedade ou en alugamento e de dispor dos medios económicos suficientes para facer fronte aos seus gastos.

    • c) Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito no caso de actuar por medio de representante.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • 1. DNI ou NIE da persoa solicitante e dos demais membros computables da unidade familiar maiores de idade.

  • 2. DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.

  • 3. Certificado de residencia da persoa solicitante e de todos os membros computables da unidade familiar. A data de efectos que será tida en conta é da residencia en 31 de decembro de 2016.

  • 4. Certificado da renda da persoa solicitante e de todos os membros computables da unidade familiar relativo ao exercicio fiscal 2016.

  • 5. Certificado da universidade correspondente en que debe figurar a porcentaxe de créditos superados no curso 2016/17; os créditos matriculados no curso académico 2017/18; se foi beneficiario/a da bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso académico 2015/16 ou 2016/17 e que non é beneficiario/a desta no curso 2017/18.

  • 6. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • 7. Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • 8. Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo nos cadros habilitado no anexo I e no anexo II, segundo o caso, e achegar os documentos correspondentes.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED441D (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ao ter as persoas incluídas no ámbito subxectivo as competencias técnicas e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos necesarios para formalizar as solicitudes.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • As solicitudes serán subscritas electronicamente pola persoa interesada ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.

  • Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2017/18, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (Boletín Oficial del Estado número 160, do 5 de xullo) (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2018)

    • Orde do 16 de maio de 2018 pola que se fai pública a resolución de axudas ao alumnado de segundo e posteriores cursos matriculado nas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2017/18, nas ramas de coñecemento afectadas polos cambios de requisitos académicos introducidos polo Real decreto 1000/2012, do 29 de xuño (Boletín Oficial del Estado número 160, do 5 de xullo) (DOG nº 102 do 30 de maio de 2018).

Outros procedementos relacionados

ED442B

Acreditación dos campus de especialización do Sistema universitario de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA655B

Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED415A

Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59

ED416A

Axudas ao alumnado das universidades públicas para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/02/2025 00:00 - 03/03/2025 23:59