Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED431G - Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia.
A presente orde establece as condicións, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, das axudas para a estruturación e mellora de unidades de investigación supragrupais, para acreditalas como centros de investigación do SUG, entendidas como estruturas organizativas de investigación que integran recursos, capacidades e obxectivos para mellorar a súa eficiencia, código de procedemento ED431G.
Estas axudas pretenden dous obxectivos:
a) A acreditación de unidades de investigación como «centros de investigación do SUG» segundo as súas capacidades e o resultado do proceso de avaliación en concorrencia competitiva que se desenvolva ao abeiro desta convocatoria.
b) O financiamento dos seus proxectos estratéxicos de investigación, durante o período 2019-2022, para fortalecer as súas capacidades científicas; potenciar o liderado internacional da investigación feita en Galicia; impulsar a agregación de capacidades científico-técnicas, incluíndo a colaboración con outros centros, unidades e co tecido empresarial; mellorar a xeración de resultados de alto impacto científico, social e económico; contribuír á formación, atracción e incorporación de talento; incrementar a masa crítica de persoal investigador; e actuar como axentes tractores no Sistema galego de I+D+i.
Poderán ser beneficiarias das axudas desta orde as universidades do SUG e destinaranas aos centros de investigación do SUG que obteñan a acreditación como tales nesta convocatoria.
Obrigas das entidades beneficiarias.
Sen prexuízo das demais obrigacións que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as entidades beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:
1. Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e acreditalo ante o órgano concedente, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión ou documento no que se establecen as condicións de axuda.
2. Adaptar os consellos reitores, nos casos en que sexa necesario, para que nestes órganos colexiados figure con voz e voto unha persoa, cando menos, en representación da Secretaría Xeral de Universidades. Establécese un período máximo dun ano para que a incorporación sexa efectiva.
3. Adaptar a composición e funcionamento dos comités asesores externos (CAE ou SAB) aos estándares internacionais que adoitan rexer neste tipo de órganos colexiados.
4. Manter a persoa que lidera a dirección científica da unidade durante o período da axuda. Se por causa xustificada esta persoa tivese que ser substituída, comunicarase á Secretaría Xeral de Universidades quen, á vista dos informes preceptivos do CAE do centro e do CAP resolverá ao respecto.
5. Empregar a normativa de imaxe que estea vixente para este tipo de unidades durante o período da axuda.
6. Xustificar ante a consellería, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e goce da subvención.
7. Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.
8. Facilitar á administración, despois de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125.5 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
10. Comunicarlle á consellería a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
11. Solicitarlle á consellería autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas á autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.
12. Darlle publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web do centro, da unidade e/ou da universidade, e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos e actuacións da actividade subvencionada. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da consellería e a frase «Subvencionado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional», así como «Cofinanciado con cargo aos fondos Feder».
13. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, a entidade beneficiaria deberá, durante a realización da operación:
a) Recoñecer o apoio de Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como unha referencia á Unión Europea, e unha referencia ao fondo que dá apoio á operación. Deberá incorporarse o lema asociado ao fondo «Unha maneira de facer Europa».
b) Informar o público do apoio obtido de Feder durante a realización da operación, facendo unha breve descrición na súa web, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.
c) Colocar, nun lugar ben visible para o público, por exemplo á entrada das dependencias do centro ou agrupación, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa incorporarán o emblema da Unión e indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.
d) No caso de persoal de nova contratación, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), ao nome da unidade de investigación e á presente convocatoria.
Para o resto de persoal dedicado ás actividades da unidade de investigación, a entidade beneficiaria deberá comunicar por escrito ao traballador ou traballadora que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder nos mesmos termos, e incluirá unha mención expresa ao nome da unidade de investigación, á presente convocatoria e á porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades subvencionadas pola presente convocatoria.
14. Manter un sistema de contabilidade separado ou código contable axeitado que permita unha pista de auditoría apropiada, en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta convocatoria, así como conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados, cando menos, un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas na que estean incluídos os gastos da operación, ou no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 € de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. A documentación xustificativa relativa aos gastos financiados que deberá conservar é a seguinte:
1º) Un resumo de execución económica no que conste o concepto de gasto, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por tipoloxía de gastos.
2º) Documentación xustificativa do gasto: copia dos documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas dos provedores ou documentos de valor probatorio equivalente, con validez no tráfico xurídico mercantil ou eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado e incluír os datos da universidade beneficiaria, do contrario non se considerará subvencionable.
3º) Documentación xustificativa do pagamento: copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, sempre que conten co selo do banco, CSV ou outro método que garanta a verificabilidade da autenticidade do documento. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.
Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto suficientemente descritivo a que se refiren. No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.
No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, achegarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas á actividade subvencionada, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da empresa selada polo banco coa relación detallada das facturas.
En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.
4º) No caso de investimentos en activos intanxibles, deberá realizarse unha acta de conformidade que acredite a comprobación material do investimento.
5º) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade co respecto ao IVE.
6º) Para a xustificación do custo de persoal deberá conservarse a seguinte documentación:
– Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable da entidade, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades, que deberá incluír os seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e Seguridade Social), segundo a dedicación de cada traballador ou traballadora ás actividades financiadas.
– Xustificación da comunicación por escrito ao traballador ou traballadora de que parte do seu salario está cofinanciado con fondos Feder, seguindo as instrucións de información e publicidade da Secretaría Xeral de Universidades.
– Declaración asinada polo/a responsable da entidade cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores e traballadoras dedicados ás actividades, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios.
– Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades e copia dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a lista da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores e traballadoras incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.
– Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento.
– Informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social para cada un dos traballadores e traballadoras.
– No caso de persoal de nova contratación deberá achegarse copia do contrato de traballo en que poida verificarse a contratación para o desenvolvemento das actividades subvencionadas.
7º) Dado que as universidades beneficiarias teñen a condición de poder adxudicador, de acordo co disposto no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberanse someter á disciplina de contratación pública para adquirir os bens ou servizos subvencionables.
8º) Declaración asinada polo/a representante legal da entidade en que se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A consellería poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo en calquera momento aos documentos contables da entidade.
9º) No caso de subcontratacións deberá disporse da seguinte documentación:
– Orixinal ou copia compulsada da factura emitida pola entidade subcontratada na que se especifique claramente o título das actividades financiadas.
– Xustificantes de pagamento da/das factura/s da subcontratación.
– Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades na unidade de investigación.
10º) Certificación dos custos de viaxe emitida polo/a responsable da entidade, na que conste o nome da persoa que realiza a viaxe, o lugar de destino, as datas e o motivo da viaxe en relación coas actividades desenvolvidas polo centro ou a agrupación. Os custos da viaxe estarán desagregados por conceptos de gasto: transporte (avión, taxi, autobús, coche particular…), aloxamento (nº de noites) e mantemento (por días). Esta certificación deberá estar acompañada das correspondentes facturas e xustificantes de pagamento, así como da copia dos billetes/tarxetas de embarque do medio utilizado.
11º) Calquera outra documentación xustificativa relativa aos gastos financiados.
15. A entidade beneficiaria deberá introducir os datos e documentos dos que sexa responsable, así como todas as posibles actualizacións no sistema de intercambio electrónico de datos, de acordo coas especificacións determinadas nesta convocatoria en cumprimento do artigo 122.3 do Regulamento 1303/2013 e no artigo 10.1 do Regulamento 1011/2014.
16. A entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de produtividade ao mesmo tempo que xustifica os gastos.
17. Calquera outra obriga imposta de maneira expresa as entidades beneficiarias na resolución de concesión ou no documento no que se establecen as condicións da axuda.
As solicitudes que presenten as universidades deberán cumprir na data de peche da convocatoria os seguintes requisitos:
1. Que a proposta presentada estea conformada por unha unidade supragrupal cuxa composición nuclear se atope nalgún dos seguintes casos:
a) Que obtivese financiamento como centro de investigación singular ou agrupación estratéxica consolidada na convocatoria realizada ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder); e tivese superado o procedemento de avaliación final definido na Instrución 5/2019, do 21 de maio, da Secretaría Xeral de Universidades para iniciar o procedemento de avaliación dos centros singulares de investigación e agrupacións estratéxicas consolidadas (convocatoria do ano 2016), de acordo co disposto na Orde do 11 de agosto de 2016.
b) Que obtivese unha axuda no programa estatal de Centros Severo Ochoa ou María de Maeztu, e que estea vixente na data de peche desta convocatoria.
2. Que a unidade estea permanentemente constituída por un mínimo de 10 investigadores/as líderes de acordo co definido no artigo 2 desta convocatoria. No caso de que algunhas das persoas propostas cause baixa, deberá substituírse por outra de análoga traxectoria ou ben valorar se a unidade pode continuar co seu desempeño na nova composición. As unidades deberán comunicar estas modificacións á Secretaría Xeral de Universidades que resolverá ao respecto destes cambios na composición.
3. Que as dependencias da unidade de investigación estean perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas no seo das propias universidades e localizadas en Galicia.
4. Que presenten os seus proxectos estratéxicos de investigación con base en hipóteses que poderán ser reformuladas durante a vixencia da axuda, sempre co acordo favorable da Secretaría Xeral de Universidades, e que incluirán os contidos que se detallan no artigo 8 desta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981995156
Fax: 981545422
Secretaría Xeral de Universidades
Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se redistribúen as anualidades concedidas na Resolución do 13 de decembro de 2019, pola que se conceden as axudas da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19 ((DOG nº 185 do 11 de setembro de 2020).
Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se acorda a apertura dos procedementos do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos como consecuencia da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19 (DOG nº 107 do 3 de xuño de 2020).
Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 182 do 25 de setembro de 2019)
Extracto da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 182 do 25 de setembro de 2019).
Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se conceden as axudas da Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 7 do 13 de xaneiro de 2020).
Corrección de erros. Orde do 9 de outubro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 148 do 24 de xullo de 2020).
Corrección de erros. Orde do 9 de outubro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (código de procedemento ED431G) (DOG núm. 159 do 10 de agosto de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
26/09/2019 00:00 - 25/10/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED431G (anexo II), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
-
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1. Memoria descritiva da unidade de investigación. Este documento desenvolverá os seguintes aspectos e incorporará a seguinte documentación:
a) Descrición da organización e a súa gobernanza:
– Resumo executivo: presentación xeral da unidade; indicación dos principais logros obtidos no período 2016-2019 en relación á consolidación da unidade a nivel estratéxico, de goberno, organizativo e científico; obxectivos prioritarios cara ao novo período de financiamento (2019-2022).
– Marco estratéxico: misión, visión e valores da unidade recollidos no plan estratéxico en vigor. Vixencia do plan estratéxico actual no que destacan os aspectos de maior relevancia no caso dos centros que actualizaron os seus plans. Posicionamento estratéxico da unidade en relación a entidades de referencia no seu ámbito científico.
– Gobernanza, organización e xestión: traxectoria científica e profesional da persoa que lidere a dirección científica da unidade; descrición do modelo de goberno e dos mecanismos de vinculación coa universidade; indicación das normativas ou procedementos desenvolvidos para formalizar o funcionamento dos mecanismos de goberno; organigrama e descrición da estrutura organizativa; descrición das unidades técnicas de apoio á xestión da investigación e das fórmulas utilizadas para dotarse de capacidades de xestión (acceso aos servizos da universidade, provedores externos, etc).
– Descrición e marco de aplicación da política de transparencia da unidade e da universidade matriz.
– Seguimento continuo e avaliación interna e externa; descrición dos mecanismos utilizados para o seguimento e monitorización interna da actividade, dos resultados obtidos e as medidas adoptadas en consecuencia. En relación ao comité asesor externo (CAE): composición e funcións asignadas, dinámica de funcionamento para a avaliación externa do centro, avaliacións realizadas e efectos destas na estratexia, organización ou actividade do centro.
b) Capacidades:
– Persoas: atendendo á estrutura organizativa descrita, relacionaranse as persoas que forman parte do equipo directivo, científico, técnico e de xestión e administración. Proporcionarase información que permita valorar a calidade e adecuación do equipo. Nun anexo incluirase un currículo abreviado da persoa que liderará a dirección da unidade no período de, cando menos, os 10 investigadores/as líderes e dos máximos responsables das unidades técnicas e de xestión, de acordo co modelo organizativo.
– Recursos tecnolóxicos: relación e breve descrición das instalacións, equipamentos e medios máis relevantes, destacando os de carácter singular no contexto do SUG ou no ámbito nacional. Indicación doutras infraestruturas singulares relevantes para a actividade do centro ás que se ten acceso.
– Colaboracións: indicarase o tipo de alianzas estratéxicas (estables e orientadas a fortalecer o potencial científico da unidade) que mantén a unidade.
2. Traxectoria no período 2016-2019. Este documento conterá unha memoria das actividades desenvolvidas e dos resultados conseguidos no período 2016–2019. Desenvolveranse os seguintes aspectos e incorporará a seguinte documentación:
a) Investigación:
– Breve resumo das accións desenvolvidas e dos fitos acadados.
– Produción científica: indicaranse as contribucións científicas no período que se incluirán nunha táboa resumo co número total de publicacións, o número das publicadas en revistas das de maior impacto na súa área temática incluídas no 25 % (primeiro cuartil) e no 10 % (primeiro decil). Con respecto aos datos incluídos na táboa, explicarase o procedemento de cálculo e a fonte de información. Esta información completarase cunha relación comentada das vinte contribucións máis relevantes (artigos, revisións, monografías, capítulos de libros...). Complementariamente especificaranse os repositorios de acceso público empregados habitualmente pola unidade.
– Proxectos: incluirase unha táboa resumo con información cuantitativa relativa ao número de proxectos e recursos captados sobre á carteira de proxectos de investigación desenvolvidos e/ou activos no período e unha breve descrición dos dez proxectos considerados máis relevantes a nivel estatal e internacional respectivamente.
– Outros elementos neste ámbito que se consideren especialmente relevantes.
b) Valorización e transferencia:
– Breve explicación da estratexia de transferencia que está seguindo a unidade, actividade desenvolvida para impulsar a transferencia e resultados obtidos.
– Produción tecnolóxica, incluirase unha táboa resumo coa composición da carteira de patentes e outros títulos de propiedade industrial e intelectual solicitados e concedidos no período; incluirase a relación dos dez máis relevantes comentados.
– Actividade de valorización e transferencia: incluiranse táboas resumo coa información cuantitativa relativa ao número de proxectos e recursos captados sobre a composición da carteira de proxectos de valorización desenvolvidos no período, os contratos e convenios para a realización de actividades de I+D e os contratos de explotación da propiedade intelectual e industrial. Esta información completarase engadindo para cada caso as dez referencias máis relevantes comentadas.
– Spin-off creadas a partir de resultados da investigación: indicarase o número e a relación de empresas creadas no período, así como dos proxectos de creación de empresa en marcha. A información completarase ampliando a información sobre as principais referencias de spin-off en relación á composición, ano de creación e indicadores de actividade.
– Outros elementos neste ámbito que se consideren especialmente relevantes.
c) Formación, atracción e desenvolvemento de talento:
– Breve explicación da evolución na composición e estrutura da unidade ao longo do período e das actuacións máis destacadas e os resultados obtidos con relación a formación, atracción e desenvolvemento de talento. Incluiranse táboas resumo con información cuantitativa sobre as incorporacións de investigadores/as pre e posdoutorais, e persoal técnico e de xestión; detallando o programa de financiamento. Con relación á formación doutoral incluirase unha táboa resumo sobre as teses lidas e referenciaranse as dez consideradas máis relevantes comentadas.
– Actuación en materia de diversidade de xénero: explicación das actuacións e resultados obtidos en materia de xestión da diversidade de xénero.
– Outros elementos neste ámbito que se consideren especialmente relevantes.
d) Investigación e innovación responsable. Outreach.
– Descrición das actuacións e logros acadados en materia de investigación e innovación responsable e outreach conectando e proxectando a actividade da unidade á sociedade. En materia de comunicación indicarase se se conta cun plan, explicarase brevemente a estratexia, concretaranse as principais accións desenvolvidas e os resultados das métricas utilizadas destacando como repercutiron na actividade da unidade.
e) Indicadores:
Cubriranse, de acordo co modelo dispoñible, táboas resumo con indicadores en materia de capacidades, actividade investigadora, valorización e transferencia, talento, RRI e financiamento. No caso do financiamento indicarase o custo estrutural anual, o orzamento efectivamente dispoñible e os recursos captados en cada un dos anos do período, proporcionarase información por tipo de fonte de financiamento (contribución da universidade, financiamento público competitivo internacional, nacional e autonómico, financiamento público non competitivo a través de convenios, financiamento privado competitivo e non competitiva a través de contratos).
3. Proxecto estratéxico de investigación 2019-2022.
O proxecto estratéxico de investigación entendido, tal e como se define no artigo 2 desta convocatoria, como a carteira de actividades de investigación da unidade de investigación no período 2019-2022, incluíndo as accións de soporte para dotar a unidade da capacidade técnica, relacional e de xestión necesarias para conseguir os obxectivos estratéxicos de excelencia científica e impacto internacional na investigación fixados para o período. Fárase énfase na integración do proxecto científico: a coherencia e interrelación das áreas e grupos de investigación de cara ao desenvolvemento da misión, visión e valores do centro.
O documento desenvolverá os seguintes aspectos:
a) Marco estratéxico: obxectivos estratéxicos para o período 2019-2022, contexto científico-técnico, contorna de I+D+i e aliñamento coa RIS3. Ademais, tomando en consideración o descrito nas seccións de presentación e resultados, incluirase unha análise diagnóstica na que recolla debilidades e fortalezas da unidade e ameazas e oportunidades provenientes da contorna. Explicitarase a coherencia e a adecuación do proxecto estratéxico 2019-2022 coa traxectoria anterior.
b) Plans de acción e resultados esperados.
– Investigación: segundo o modelo de organización científica da unidade, para cada unha das prioridades, áreas ou ámbitos científicos indicaranse os obxectivos científicos e o plan previsto para acadalos incluíndo: actividade científica, equipo de traballo involucrado, recursos tecnolóxicos, colaboracións e resultados esperados en termos cualitativos. Farase fincapé naqueles aspectos que representen a introdución de cambios ou novidades con respecto ao descrito nos puntos de descrición e capacidades (novo modelo de organización científica, novos investigadores e investigadoras, novos medios, novas alianzas…).
– Valorización e transferencia: indicaranse os obxectivos en materia de valorización e transferencia para o período, as accións previstas, as capacidades necesarias e a carteira de proxectos e operacións.
– Formación, e atracción e desenvolvemento de talento: describiranse os obxectivos, medidas e accións previstas en materia de recursos humanos de investigación, así como para o persoal técnico e de xestión. Incluirase nesta sección un plan de xestión da diversidade de xénero.
– RRI (investigación e innovación responsable) e outreach: describiranse os obxectivos, medidas e accións nesta materia con especial incidencia ás relativas á difusión, divulgación e implicación e achegamento á sociedade.
– Internacionalización: expoñeranse os obxectivos en materia de posicionamento internacional e explicaranse as medidas e accións recollidas para fomentar e fortalecer a dimensión internacional.
c) Viabilidade:
– Técnica: xustificación de como contribúe o proxecto ao logro dos retos estratéxicos, identificación de riscos de carácter técnico que poidan comprometer o desenvolvemento do proxecto.
– Económica: incluirase un orzamento detallado por partidas de gasto para o desenvolvemento do proxecto estratéxico de investigación no período, acompañado dunha táboa resumo da estimación do orzamento anual e recursos captados no período por tipo de fonte de financiamento: contribución da universidade, convocatorias competitivas, convenios e contratos, etc.
d) Indicadores:
Incluirase unha táboa de indicadores segundo o modelo facilitado, indicando para cada un dos anos do período os resultados esperados en relación ás dimensións consideradas no proxecto estratéxico de investigación.
4. Apoio institucional:
Descrición das medidas e accións adoptadas, ou que serán adoptadas no período da axuda, pola universidade que amosen o compromiso institucional para proporcionar soporte científico, económico e técnico á unidade. Indicarase a posición que a unidade de investigación ten na estratexia da propia universidade e se se prevén medidas especiais para proporcionar ou incentivar un maior grao de autonomía á unidade.
5. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou polos seus organismos ou sociedades (que se inclúe no anexo II).
6. Certificación da universidade solicitante de todo o persoal adscrito á unidade supragrupal (desagregado nominalmente e indicando a súa categoría profesional).
7. Certificación da universidade solicitante da persoa que ocupará a dirección científica da unidade durante a vixencia da axuda.
8. Certificación da universidade coa descrición textual e expresión gráfica dos espazos asignados á unidade, con indicación expresa de se son de uso exclusivo ou de uso compartido (indicando neste último caso de maneira aproximada a porcentaxe deste uso compartido para cada espazo).
Toda a documentación indicada irá asinada pola autoridade que representa legalmente á universidade correspondente. A memoria descritiva, a traxectoria no período 2016-2019 e o proxecto estratéxico de investigación, sinalados nos puntos 1, 2 e 3, irán asinados pola persoa encargada da dirección científica da unidade de investigación que executará a axuda, esta documentación que acompaña á solicitude deberá cubrirse segundo os modelos dispoñibles na internet no enderezo http://www.edu.xunta.gal.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) DNI ou NIE da persoa representante.
-
b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
-
c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
-
d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os ditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses.
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG - GRC.
Axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema Universitario de Galicia.
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-Proxectos de excelencia.
Axudas para a atracción de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG.