Guía de procedementos e servizos

ED431F

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-Proxectos de excelencia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 13/06/2023 00:00 - 12/07/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades:

1. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades C as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no artigo 4 e no número 2 do anexo III.

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria

Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999541

Fax: 881999135

Email: sxu@edu.xunta.es

Secretaría Xeral de Universidades

Prazo de presentación: PECHADO

13/06/2023 00:00 - 12/07/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

As entidades beneficiarias descritas no artigo 3 da convocatoria poderán, para cada solicitude, presentar como persoas candidatas a aqueles investigadores/as que cumpran os seguintes requisitos, segundo as liñas de reforzo ás que opten:

1. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: persoal investigador con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC, rematen o desfrute desa axuda no ano 2022.

A axuda unicamente estará vixente sempre e cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, non podendo transferirse a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal das convocatorias dos anos, 2018, 2019, 2020, 2021 que tomaran posesión efectiva da súa praza nesa categoría nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 antes da publicación desta convocatoria.

Para as solicitudes alleas ao SUG, a liña de reforzo de traxectorias emerxentes estenderase ao persoal investigador adscrito aos programas Miguel Servet ou Juan Rodés que tomara posesión efectiva da súa praza, nesa categoría, nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 alleas ao SUG, e antes da publicación desta convocatoria.

Os proxectos unicamente poderán ter unha duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato ao investigador ou investigadora e sempre e cando permaneza no programa Ramón y Cajal,  Miguel Servet ou Juan Rodés e na entidade beneficiaria pola que opte, e non se pode transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

En ambas as liñas, o persoal investigador que lidere estes proxectos non poderá ter sido beneficiario dunha axuda nesta modalidade en anos anteriores e non poderá ter unha axuda activa, como investigador ou investigadora principal, dos programas de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento ou do ERC, ou ben solicitala ao amparo desta convocatoria; se durante o prazo de vixencia o investigador ou investigadora principal obtivese unha axuda de GRC, GPC ou do ERC, deberá renunciar á axuda concedida ao abeiro desta orde.

En ambas as liñas, a persoa investigadora responsable do proxecto deberá contar cun equipo mínimo de investigación formado por un mínimo de dúas (2) persoas (sen contar o investigador  ou investigadora principal) que deberá de cumprir os seguintes requisitos:

a) As tres (3) persoas que formen o equipo mínimo deben prestar servizos na mesma entidade beneficiaria durante a vixencia do proxecto.

b) Só un (1) de todos os/as membros do equipo poderá ter categoría de profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria, investigador/a científico de organismos públicos de investigación ou científicos/as titulares de organismos públicos de investigación.

Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático/a ou profesor/a de investigación de organismos públicos de investigación.

c) Para as solicitudes do SUG, os/as estudantes predoutorais poderán ser membros do equipo, sempre que exista unha vinculación cunha universidade do SUG mediante contrato ou matrícula. No caso das entidades solicitantes alleas ao SUG, a vinculación será mediante contrato coa entidade solicitante.

Solicitude segundo o Anexo VIII.

Certificado emitido pola entidade á que pertence o investigador ou investigadora individual, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo III da orde de convocatoria, indicando a composición do equipo coas categorías contractuais e profesionais de cada un dos/as seus/suas membros.

Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.

Memoria descritiva do proxecto de investigación.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os ditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de maio de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2023).

    • Extracto da Orde do 30 de maio de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 110 do 12 de xuño de 2023).

    • Resolución do 7 de novembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se conceden as axudas da Orde do 30 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2023 (DOG nº 215 do 13 de novembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

ED434B

Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.

IN845A

Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 23/06/2025 23:59