Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED431F
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-Proxectos de excelencia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.
Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades:
1. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada.
2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.
Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades C as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no artigo 4 e no número 2 do anexo III.
a) As universidades do SUG.
b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.
c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.
d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999541
Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
03/02/2022 00:00 - 02/03/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
As entidades beneficiarias descritas no artigo 3 da convocatoria poderán, para cada solicitude, presentar como persoas candidatas a aqueles investigadores/as que cumpran os seguintes requisitos, segundo as liñas de reforzo ás que opten:
1. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: persoal investigador con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC, rematen o desfrute desa axuda no ano 2021.
A axuda unicamente estará vixente sempre e cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, non podendo transferirse a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.
2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal das convocatorias dos anos 2017, 2018, 2019, 2020 que tomaran posesión efectiva da súa praza nesa categoría nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 antes da publicación desta convocatoria.
Para as solicitudes alleas ao SUG, a liña de reforzo de traxectorias emerxentes estenderase ao persoal investigador adscrito aos programas Miguel Servet ou Juan Rodés que tomara posesión efectiva da súa praza, nesa categoría, nalgunha das entidades enumeradas no artigo 3 alleas ao SUG, e antes da publicación desta convocatoria.
Os proxectos unicamente poderán ter unha duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato ao investigador ou investigadora e sempre e cando permaneza no programa Ramón y Cajal, Miguel Servet ou Juan Rodés e na entidade beneficiaria pola que opte, e non se pode transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.
En ambas as liñas, o persoal investigador que lidere estes proxectos non poderá ter sido beneficiario dunha axuda nesta modalidade en anos anteriores e non poderá ter unha axuda activa, como investigador ou investigadora principal, dos programas de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento ou do ERC, ou ben solicitala ao amparo desta convocatoria; se durante o prazo de vixencia o investigador ou investigadora principal obtivese unha axuda de GRC, GPC ou do ERC, deberá renunciar á axuda concedida ao abeiro desta orde.
En ambas as liñas, a persoa investigadora responsable do proxecto deberá contar cun equipo mínimo de investigación formado por un mínimo de dúas (2) persoas (sen contar o investigador ou investigadora principal) que deberá de cumprir os seguintes requisitos:
a) As tres (3) persoas que formen o equipo mínimo deben prestar servizos na mesma entidade beneficiaria durante a vixencia do proxecto.
b) Só un (1) de todos os/as membros do equipo poderá ter categoría de profesor/a titular de universidade ou de escola universitaria, investigador/a científico de organismos públicos de investigación ou científicos/as titulares de organismos públicos de investigación.
Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático/a ou profesor/a de investigación de organismos públicos de investigación.
c) Para as solicitudes do SUG, os/as estudantes predoutorais poderán ser membros do equipo, sempre que exista unha vinculación cunha universidade do SUG mediante contrato ou matrícula. No caso das entidades solicitantes alleas ao SUG, a vinculación será mediante contrato coa entidade solicitante.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED431C (anexo VI) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, ED431B (anexo VII) para grupos con potencial de crecemento, ED431F (anexo VIII) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas por unha universidade do SUG, ou IN607A (anexo VI bis) para a modalidade de grupos de referencia competitiva, IN607B (anexo VII bis) para grupos con potencial de crecemento e IN607D (anexo VIII bis) para proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, no caso de solicitudes presentadas polas demais entidades solicitantes, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68,4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
2. Cada grupo de investigación unicamente poderá ser presentado como candidato por unha entidade e a unha das modalidades descritas, sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.
Documentación complementaria.
Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberase achegar a seguinte documentación:
1. Certificado emitido pola entidade solicitante no que se acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 2 do anexo III desta orde, indicando a composición do equipo coas categorías contractuais e profesionais de cada un dos/das seus/súas membros.
2. Memoria descritiva do proxecto de investigación. O formato obrigatorio desta memoria está no enderezo web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal e deberá ir asinado polo investigador ou investigadora principal do proxecto.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar (ademais da que se especifica en cada anexo para cada modalidade de axuda) a seguinte documentación:
– Certificados emitidos pola entidade a que pertence o grupo ou persoal investigador, que acrediten o cumprimento dos requisitos establecidos nos anexos I, II e III desta orde, correspondente á modalidade de axuda solicitada. Unha vez superado o proceso de selección, a Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain poderán requirir os comprobantes dos méritos certificados das solicitudes seleccionadas. En caso de detectarse falsidade nalgún mérito, o órgano instrutor correspondente adoptará as oportunas medidas legais. A referencia dos contidos mínimos obrigatorios destes certificados están nos enderezos web http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal
– De ser o caso, certificación asinada pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida pola lexislación para a investigación con animais.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.
b) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
c) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento á Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os ditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo VIII)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2022).
-
Extracto da Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 31 de decembro de 2021, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 27 do 9 de febreiro de 2022).
-
Resolución do 4 de outubro de 2022, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se conceden as axudas da Orde do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (DOG nº 198 do 18 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano
Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.
Aberto todo o ano
Axudas para a consolidación e a estruturación das unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
Prazo aberto: 22/05/2025 00:00 - 23/06/2025 23:59