Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

ED431F - Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-Proxectos de excelencia.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 20/06/2017 - 19/07/2017.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo X, acompañada da seguinte documentación:
    • Certificado emitido pola universidade á que pertence o investigador ou investigadora individual, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo IV da orde de convocatoria
    • Certificado da composición do equipo emitido pola entidade que presenta a solicitude, indicando as persoas que compoñen o equipo de investigación.
    • Memoria descritiva do proxecto de investigación.
    • Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.
  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa representante.
  • b) Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria
  • c) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
  • d) Estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981957649 Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es

Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades:

1. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B, C e D as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV (segundo cada caso).

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Requisitos:

As entidades beneficiarias descritas no artigo 2 da convocatoria poderán para cada solicitude presentar como candidatos investigadores que cumpran os seguintes requisitos segundo as liñas de reforzo a que opten:

1. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: investigadores con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC rematen o goce desa axuda no ano 2017.

A axuda unicamente estará vixente sempre o cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, non pudendo transferirse a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións.

2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes: persoal investigador adscrito ao programa Ramón y Cajal das convocatorias dos anos 2012, 2013, 2014 e 2015 que tomaran posesión efectiva da súa praza nesa categoría nalgunha das entidades enumeradas no artigo 2 antes da publicación desta convocatoria e que non se lles concedera unha axuda na convocatoria de 2016.

O persoal investigador que lidere estes proxectos non poderá ter unha axuda activa, como investigador ou investigadora principal (ou ben solicitala ao amparo desta convocatoria), dos programas de grupos de referencia competitiva, grupos con potencial de crecemento, investigadores emerxentes ou do ERC.

Os proxectos unicamente poderán ter unha duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato ao investigador ou investigadora e sempre e cando permaneza no programa Ramón y Cajal e na entidade beneficiaria pola que opte, e non se pode transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se mantivesen estas condicións. Se durante o prazo de vixencia o investigador ou investigadora principal obtivese unha axuda de GRC, GPC ou do ERC deberá renunciar á axuda concedida ao abeiro desta orde.

En ambas as liñas a persoa investigadora responsable do proxecto deberá contar cun equipo mínimo de investigación formado por un mínimo de dúas persoas (sen contar o investigador ou investigadora principal) que deberá de cumprir os seguintes requisitos:

a) As tres persoas que formen o equipo mínimo deben prestar servizos na mesma entidade beneficiaria durante a vixencia do proxecto.

b) Só un de todos os membros do equipo poderá ter categoría de profesor titular de universidade ou de escola universitaria, investigador científico de organismos públicos de investigación ou científicos titulares de organismos públicos de investigación. Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático ou profesor de investigación de organismos públicos de investigación.

c) Para as solicitudes do SUG, os estudantes predoutorais poderán ser membros do equipo, sempre que exista unha vinculación cunha universidade do SUG mediante contrato ou matrícula. No caso das entidades solicitantes alleas ao SUG, a vinculación será mediante contrato coa entidade solicitante.

AUTONÓMICA

Orde do 8 de xuño de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2017).

Prazo de presentación pechado (20/06/2017 - 19/07/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional