Guía de procedementos e servizos

ED431C

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG - GRC.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 31/01/2019 00:00 - 28/02/2019 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no anexo I - Modalidade A.

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria

Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999541

Fax: 881999135

Email: sxu@edu.xunta.es

Secretaría Xeral de Universidades

Prazo de presentación: PECHADO

31/01/2019 00:00 - 28/02/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.



Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

a) Ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos 5 investigadores/as. Cada investigador/a unicamente poderá formar parte da composición dun grupo no ámbito desta convocatoria.

b) Cumprir como mínimo un dos seguintes requisitos:

b.1.Ter polo menos 3 proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 euros cada un, ou ter polo menos 1 proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000 euros, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018.

b.2.Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000 euros (ou superior a 80.000 euros cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018.

b.3 Para as solicitudes do SUG: Ter sido beneficiario das axudas a Grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG na convocatoria do ano 2015.

b.4 Para as solicitudes alleas ao SUG: Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados no programa FEDER-INTERCONECTA, CONECTA- PEME ou noutras actividades financiadas pola Gain entre os anos 2015 e 2018.

 c) Cumprir polo menos dous dos seguintes criterios de produción científica no período do 1 de xaneiro de 2016 ao 31 de decembro de 2018:

c.1 Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos 10 publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

c.2 Libros publicados: polo menos 3 (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de 3 autores/as).

c.3 Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos 3 teses para os grupos do SUG e polo menos 2 para o resto de entidades alleas ao SUG.

c.4 Patentes en explotación nas que a entidade solicitante sexa titular: polo menos 1 patente (ou 4 rexistros de propiedade intelectual de software ou 4 rexistros de variedades vexetais).

c.5 Acordos de explotación ou empresas (EBTs) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos 1 acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2016, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

c.6 Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos 1 liderado de proxecto.

  • Solicitude segundo o Anexo IV, acompañada da seguinte documentación:

    • Certificado emitido pola universidade á que pertence o grupo, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo I da orde de convocatoria.

    • Certificado da composición do grupo emitido pola universidade solicitante, indicando o código e/ou denominación do grupo.

    • Certificado de ingresos de I+D competitivos, computados de acordo co sinalado nos artigos 2 e 4 da convocatoria, obtidos polo grupo de investigación, expedido pola entidade solicitante.

    • Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda.

    • Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación esixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de xuño de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se redistribúen as anualidades e se modifican os prazos de xustificación en diversas convocatorias de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia COVID-19 (DOG nº 127 do 29 de xuño de 2020).

    • Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se acorda a apertura dos procedementos do programa 561B de investigación universitaria que están suspendidos como consecuencia da declaración do estado de alarma provocado polo COVID-19 (DOG nº 107 do 3 de xuño de 2020).

    • Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019).

    • Extracto da Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019).

    • Resolución do 14 de xuño de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 123 do 1 de xullo de 2019).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

ED434B

Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.

IN855A

Programa Ignicia proba de concepto.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59