Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

ED431C - Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG-GRC.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 20/06/2017 - 19/07/2017.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Solicitude segundo o Anexo VII, acompañada da seguinte documentación:
    • Certificado emitido pola universidade á que pertence o grupo, que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no anexo I da orde de convocatoria.
    • Certificado da composición do grupo emitido pola universidade solicitante, indicando o código e/ou denominación do grupo.
    • Certificado de ingresos de I+D competitivos obtidos polo grupo de investigación nos tres últimos anos, expedido pola entidade solicitante.
    • Memoria descritiva da estratexia de investigación, estruturación e consolidación que vai seguir o grupo e que xustifica a necesidade desta axuda.
    • Certificado asinado pola persoa representante legal da entidade solicitante de que se conta con toda a documentación exixida na lexislación para a investigación con animais, de ser o caso.
  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa representante.
  • b) Estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria
  • c) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
  • d) Estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA

SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981957649 Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A, B, C e D as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, ás redes que se conformen e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV (segundo cada caso).

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Requisitos:

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

a) Ter polo menos 5 investigadores/as.

b) Cumprir como mínimo un dos seguintes requisitos:

b.1.Ter polo menos 3 proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 € cada un, ou ter polo menos 1 proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000 €, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2016.

b.2.Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000 € (ou superior a 80.000 € cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2016.

b.3. Para as solicitudes do SUG: ter sido beneficiario das axudas a grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG na convocatoria do ano 2013.

b.4. Para as solicitudes alleas ao SUG: Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados no programa Feder-Interconecta, Conecta– Peme ou noutras actividades financiadas pola GAIN entre os anos 2013 e 2016.

c) Cumprir polo menos dous dos seguintes criterios de produción científica nos tres anos anteriores á solicitude (do 1 de xaneiro de 2014 ao 31 de decembro de 2016):

c.1. Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos 10 publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

c.2. Libros publicados: polo menos 3 (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de 3 autores/as).

c.3. Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos 3 teses para os grupos do SUG e polo menos 2 para o resto de entidades alleas ao SUG.

c.4. Patentes en explotación nas que a entidade solicitante sexa titular: polo menos 1 patente (ou 4 rexistros de propiedade intelectual de software ou 4 rexistros de variedades vexetais).

c.5. Acordos de explotación ou empresas (EBTs) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos 1 acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2014, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

c.6. Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos 1 liderado de proxecto.

AUTONÓMICA

Orde do 8 de xuño de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017 (DOG nº 115 do 19 de xuño de 2017).

Aberto o prazo de presentación! (20/06/2017 - 19/07/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional