Guía de procedementos e servizos

ED330H

Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2026/27, o procedemento:

ED330H - Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Librarías ou establecementos de venda de libros de texto e material escolar que desexen participar na convocatoria de axudas.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546517/ 881997385/ 881996512/ 881996513/ 981547301/ 981546524

Email: xecocentros@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación desta solicitude estará permanentemente aberto de acordo co disposto na disposición adicional oitava.

Solicitudes

1. As solicitudes de alta, baixa ou modificación de datos das librarías e demais establecementos no Rexistro de Librarías para participar na tramitación das axudas para adquirir libros de texto e material escolar presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED330H (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración publicas, se algunha das persoas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento ED330H consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta:

– NIF da entidade solicitante.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (DOG nº 90 do 18 de Maio de 2026).

    • Extracto da Orde do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (DOG nº 90 do 18 de Maio de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301F

Autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 19/05/2026 00:00 - 19/06/2026 23:59