Guía de procedementos e servizos

ED330H

Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 20/05/2023 00:00 - 20/05/2024 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2023/24, o procedemento:

- ED330H. Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Librarías ou establecementos de venda de libros de texto e material escolar que desexen participar na convocatoria de axudas.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546521/ 881997385/ 981547301/ 881996513

Email: sxcentros@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Prazo de presentación: PECHADO

20/05/2023 00:00 - 20/05/2024 23:59

Esta orde terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto permanentemente.

As solicitudes de alta, baixa ou modificación de datos das librarías e demais establecementos no Rexistro de Librarías para participar na tramitación das axudas para adquirir libros de texto e material escolar, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED330H (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Presentación de solicitudes

- As solicitudes de alta, baixa ou modificación de datos das librarías e demais establecementos no Rexistro de Librarías para participar na tramitación das axudas para adquirir libros de texto e material escolar, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED330H (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo de presentación desta solicitude estará permanentemente aberto de acordo co disposto na disposición adicional décima.

- De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento ED330H consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

2. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 94 do 19 de maio de 2023).

    • Extracto da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (DOG nº 94 do 19 de maio de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301F

Autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59