Guía de procedementos e servizos

ED311D

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria curso 2021-2022 - Prazo pechado: 31/05/2022 00:00 - 30/06/2022 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (código de procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2021/22 para o alumnado que finalizase os estudos de educación secundaria obrigatoria neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

2. A finalidade destes premios é a de recoñecer e valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a etapa de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Número, orzamento e características dos premios.

1. Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

2. A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.423A.480.1 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, dos orzamentos do ano 2022, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio. A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.

3. O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica, de cumprir o establecido no artigo 17 desta orde e, ademais, recibirá un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

4. Estes premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico son compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha Administración pública competente ou por calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais.

5. O alumnado que obteña premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico e cumpra os requisitos establecidos no artigo 6 da Orde ECD/1611/2015, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, do 29 de xullo, pola que se crean e regulan os premios nacionais ao rendemento académico do alumnado de educación secundaria obrigatoria e de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, danza e artes plásticas e deseño, poderá optar aos premios nacionais de educación secundaria obrigatoria, segundo o procedemento disposto no artigo 4 da citada orde.

Alumnado que finalizase os estudos de educación secundaria obrigatoria neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Servizo de Avaliación do Sistema Educativo

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997383/ 881996509/ 881996511

Email: premios@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Formación Profesional
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

31/05/2022 00:00 - 30/06/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2022 e rematará o día 30 de xuño de 2022.

Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter cursado durante o ano académico 2021/22 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

c) Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño (DOG núm. 120, do 29 de xuño), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Solicitudes.

1. As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>> (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación <<PremiosEdu>>.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes.

3. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal

Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico premios@edu.xunta.gal

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas que cursasen os seus estudos en centros privados que non teñan todo o seu expediente recollido na base de datos da aplicación XADE e subscriban a súa solicitude de participación mediante unha persoa representante, deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por medios electrónicos.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Expediente dos estudos de educación secundaria obrigatoria cursados pola persoa solicitante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2022).

    • Extracto da Orde do 23 de maio de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (DOG nº 102 do 30 de maio de 2022).

    • Resolución do 30 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22, e se ditan instrucións para a realización da proba correspondente (DOG nº 131 do 11 de xullo de 2022).

    • Resolución do 5 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designa o presidente do tribunal dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22, nomeado pola Resolución do 30 de xuño de 2022 (DOG nº 175 do 14 de setembro de 2022).

    • Orde do 26 de outubro de 2022 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22, convocados pola Orde do 23 de maio de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 102, do 30 de maio) (DOG nº 211 do 7 de novembro de 2022).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED306A

Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

ED311A

Premios extraordinarios de bacharelato.

Prazo aberto: 16/07/2025 00:00 - 18/08/2025 23:59

ED311F

Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 01/07/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59