Guía de procedementos e servizos

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025/26 - Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Sobre o procedemento

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Persoas colaboradoras bolseiras.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

Centro Residencial Docente da Coruña

Rúa Salvador Allende, 13

15174  Culleredo  (Coruña, A)

Teléfono: 981667836

Email: credo.coruna@edu.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

Centro Residencial Docente de Ourense

Avenida da Universidade, 18

32005  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988602165

Email: credo.ourense@edu.xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

Centro Residencial Docente de Vigo

Estrada de Madrid, 192

36318  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986262500

Email: credo.vigo@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 8 de agosto de 2025.

Requisitos persoais: 

1. A persoa solicitante deberá ter os seguintes requisitos:

a) Dezaoito anos feitos, ou acadar esta idade dentro do ano natural 2025.

b) Estar empadroada ela e os demais membros computables da unidade familiar a que pertenza nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia; este requisito entenderase referido exclusivamente á persoa solicitante cando acredite vida independente nos termos previstos no artigo 5.3 desta orde.

c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia.

2. A distancia entre o centro universitario onde curse os estudos e o centro residencial docente, así como os medios de comunicación existentes, deberán garantir a dispoñibilidade no horario en que teña que realizar o devandito labor de apoio.

Requisitos académicos

1. A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, mestrado oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2025/26.

2. Considéranse estudantes en réxime de dedicación académica a tempo completo os matriculados no número de créditos indicado a seguir:

a) Estudos de grao: 60 créditos.

b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o número de créditos que resulte de dividir o total dos que integran o plan de estudos (agás os de libre elección) entre o número de anos que o compoñan.

Estes solicitantes terán preferencia na adxudicación de prazas.

3. Non obstante, as persoas solicitantes en situación de matrícula parcial poderán obter praza cando estean matriculadas no número mínimo indicado a seguir:

a) Estudos de grao: entre 30 e 59 créditos.

b) Estudos de primeiro e segundo ciclo: o 50 % dos créditos indicados no número 2.b).

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A solicitude deberá estar asinada pola persoa solicitante e implicará que acepta as bases da convocatoria, que reúne os requisitos exixidos nela e que son certos todos os datos que constan na solicitude. 

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (modelo normalizado anexo I) a seguinte documentación:

a) O anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), de ser o caso.

b) Xustificante de inscrición ou matrícula en ensinanzas universitarias no curso 2025/26.

c) O documento que acredite a nota de acceso aos estudos, no caso do alumnado matriculado por primeira vez en estudos de grao no curso 2025/26.

c) O certificado oficial das notas obtidas no curso 2024/25, no caso do alumnado xa matriculado en ensinanzas universitarias; se non cursase estudos no curso 2024/25, o das notas do último curso que realizase.

e) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren todos os membros computables. Se non ten libro de familia ou este non reflicte a situación na data de publicación desta convocatoria, poderá acreditar o número de membros da familia utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

f) Certificado de convivencia da persoa solicitante e os demais membros computables da familia no domicilio habitual nun municipio de Galicia.

g) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e dos demais membros da unidade familiar non expedido pola Administración autonómica.

h) Para acreditar vida independente respecto da unidade familiar (nos termos previstos no artigo 5.3 da orde): escritura de compra, contrato de alugamento ou título que lexitima a ocupación da vivenda, recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, luz...) e dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos gastos.

i) Calquera outro documento que consideren conveniente.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación daquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Os documentos achegados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, agás a renda da unidade familiar, que será a correspondente ao exercicio fiscal 2023. No caso de violencia de xénero, observarase o disposto na lexislación específica.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoñan á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante cando sexa menor de idade e do resto dos membros computables da unidade familiar.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na súa falta, certificado tributario de imputacións do exercicio 2023, da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

c) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar expedido pola Administración autonómica.

d) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivale a discapacidade igual ao 33 %), da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

e) Consulta dos datos de defunción da persoa proxenitora do alumnado solicitante.

f) Certificado de empadroamento nun municipio de Galicia da persoa solicitante que alegue vida independente (artigo 5.3 da orde).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consultar.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2025/26 (DOG nº 117 do 20 de xuño de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301B

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301D

Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano