Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED301K - Subvencións a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de medios dixitais apropiados para a ensinanza e aprendizaxe en calquera modalidade, presencial, a distancia e mixta.
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras relativas ás axudas destinadas a dotar as aulas dos centros privados sostidos con fondos públicos, dos medios dixitais apropiados para o ensino e aprendizaxe en calquera modalidade: presencial, a distancia e mixta, no marco do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, así como acordar a súa convocatoria para o ano 2022.
Esta medida recolle aquelas aulas dos centros educativos que, ben non dispoñen dun sistema dixital interactivo (SDI) ou ben necesitan completalo co obxectivo de contar cos medios suficientes para o ensino cos medios dixitais.
2. O ámbito de aplicación desta orde esténdese a todos os centros educativos privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. A vixencia das bases reguladoras aprobadas por esta orde estenderase desde a súa entrada en vigor ata o 31 de decembro de 2025. Con todo, as axudas concedidas seguiranse rexendo por ela, e polas convocatorias ditadas ao abeiro dela, ata a finalización e peche dos correspondentes expedientes, incluíndo os eventuais procedementos de reintegro.
Modalidades
As axudas subdivídense en dúas modalidades:
A) Modalidade A. Creación de aulas dixitais básicas e/ou reposición de equipamento dixital das aulas.
O obxectivo básico desta actuación é a creación de aulas dixitais básicas polo que, como mínimo, deberán dispoñer dun panel táctil interactivo e un equipamento informático en cada aula:
– Panel dixital interactivo de 62'' ou superior, con sistema de ancoraxe á parede. Poderá integrar ou non sistema OPS, nese caso non será necesario un equipamento informático.
– Equipamento informático:
• Sobremesa.
• Portátil (pode incluír accesorio dock station).
• Sistema OPS.
Tamén serán obxecto de axuda a través desta modalidade as accións de reposición do equipamento dixital de aula, sempre que se substitúan os elementos básicos dela. A substitución dos devanditos elementos básicos por paneis dixitais interactivos para a ampliación da vida operativa da aula e os sistemas computarase como dixitalización desta para os efectos de xustificación.
Esta actuación poderá ser complementada coa adquisición dun equipamento informático para a mesma aula. A mera substitución dun equipamento informático, sen substituír outro dos elementos básicos desta, non poderá computarse dentro da acción de dixitalización da aula e, por tanto, non poderá xustificarse o investimento.
B) Modalidade B. Actuación para completar aulas dixitais básicas.
Nas aulas que xa conten co equipamento básico de dixitalización, paneis dixitais interactivos e equipamento informático, do tamaño e calidade adecuados (tamaño non inferior a 62'', entre outras características), poderanse acometer accións de ampliación, dentro do Plan, nalgunha das submodalidades seguintes:
B.1. Conversión de aulas dixitais básicas a aulas dixitais interactivas.
Poderanse ampliar e/ou complementar aulas dixitais básicas para convertelas en aulas con capacidade de ensino híbrido (presencial/non presencial), a condición de que a dita ampliación inclúa, polo menos, un panel adicional, que non necesariamente deberá ser interactivo, se o panel principal proporciona a dita interactividade.
Nesta acción poderase xustificar tamén o gasto de todos os elementos adicionais, tales como segundo panel, cámara con capacidade de seguimento, sistema de megafonía e sistema de microfonía etc.
B.2. Ampliación de equipamento en aulas dixitais específicas.
Naquelas aulas específicas relacionadas cos ensinos de áreas ou materias determinadas, que xa conten con parte do equipamento dixital necesario para a súa dixitalización, poderase ampliar o número dos equipos ou mellorar as características técnicas dos existentes nunha actuación de ampliación do equipamento, sempre que a dita ampliación se circunscriba a elementos de dixitalización ou mellora dos preexistentes.
B.3. Ampliación de equipamento en aulas básicas.
Esta actuación refírese á ampliación de aulas dixitais básicas, previamente dotadas dun panel dixital interactivo de polo menos 62'' e un sistema informático, integrado ou non nela, que lle dá servizo.
Esta ampliación poderá consistir na adquisición e instalación de elementos complementarios, tales como cámaras de documentos, sistemas de votación, sistema de dock station para dar mobilidade ao equipo do profesorado, substitución do PC por equipo portátil etc.
Nesta actuación de ampliación non será precisa a instalación dun segundo panel interactivo se o tamaño, características e período de vida útil do principal mantéñense dentro das especificacións que se foron enumerando ao longo deste documento.
Poderán ser beneficiarios da subvención os centros docentes privados sostidos con fondos públicos que teñan unha porcentaxe do 30 % do alumnado vulnerable no segundo ciclo de educación infantil, primaria e/o secundaria obrigatoria.
Enténdese por alumnado vulnerable nun sentido amplo aquel que presente algunha das circunstancias que se describen a seguir: necesidades asistenciais (alimentación, vivenda e subministracións básicas etc.), escolares (clima familiar propicio, fenda dixital, material escolar etc.), necesidades socioeducativas (actividades complementarias, extraescolares etc.), necesidades educativas especiais, altas capacidades, dificultades específicas de aprendizaxe, incorporación tardía ao sistema educativo, dificultades para a aprendizaxe por necesidades non cubertas. Todas elas barreiras que condicionan, potencial ou efectivamente, as posibilidades de éxito educativo do alumnado.
Todos os requisitos exixidos para solicitar estas axudas ou para obter a condición de beneficiario deberán cumprirse antes da finalización do prazo de solicitude previsto na correspondente convocatoria.
Non poderán obter a condición de beneficiario aquelas persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa solicitante.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Réxime Xurídico
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541569
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Orde do 11 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 167 do 2 de setembro de 2022).
Extracto da Orde do 11 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 167 do 2 de setembro de 2022).
Orde do 9 de setembro de 2022 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido na Orde do 11 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 178 do 19 de setembro de 2022).
Orde do 23 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 226 do 28 de novembro de 2022).
Resolución do 15 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais, confinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, tranformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGeneratiosEU, e se procede a súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 119 do 23 de xuño de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
03/09/2022 00:00 - 03/10/2022 23:59
O prazo límite de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Enténdese por último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriríase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A solicitude deberá indicar a modalidade de axuda, e deberá estar asinada pola persoa representante do centro educativo.
3. Achegaranse as seguintes declaracións responsables recollidas no anexo I:
a) Declaración responsable das axudas, subvencións, ingresos e recursos concorrentes para a mesma actuación, solicitadas ou concedidas, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais ou de organismos internacionais.
b) Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidos para estas axudas nesta convocatoria.
c) Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
f) Declaración responsable de ausencia de conflito de intereses (DACI) en relación coa prevención, detección e corrección da fraude, a corrupción e os conflitos de intereses que establece a normativa española e europea e os pronunciamentos que, respecto da protección dos intereses financeiros da Unión, realizasen ou poidan realizar as institucións da Unión Europea.
g) Declaración responsable de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), establecida no artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, para a identificación do perceptor final de fondos.
h) Declaración responsable de compromiso coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), entre as que se atopan os estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de intereses, así como o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH).
i) Declaración responsable, no caso das empresas que resultasen beneficiarias dos préstamos ou anticipos con cargo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia en exercicios anteriores, de estar ao día no pagamento das obrigacións de reembolso de calquera outro préstamo ou anticipo concedido anteriormente con cargo aos créditos especificamente consignados para a xestión destes fondos nos orzamentos xerais do Estado.
j) Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
k) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.
l) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.
m) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
n) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, de acordo co establecido na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
En todo caso, a presentación da solicitude implicará que a persoa solicitante acepta as bases da convocatoria e que son certos os datos indicados nesta e na documentación achegada.
4. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non facelo, se considerará que desiste na súa petición, despois de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Declaración responsable do/da director/a do centro xustificativa do cumprimento da porcentaxe do 30 % do alumnado vulnerable no segundo ciclo de educación infantil, primaria e/ou secundaria obrigatoria.
b) Documento elaborado e subscrito pola Dirección do centro co seguinte contido mínimo:
– Breve descrición, características técnicas e estado actual da infraestrutura dixital nas aulas do centro.
– Xustificación da necesidade das actuacións que se pretenden realizar coa descrición individualizada por cada aula nova ou mellorada, das características dos equipamentos, número de alumnos que se benefician, actividades que se van desenvolver nas aulas.
– Orzamento detallado do investimento en cada aula.
– De ser o caso, xustificación e orzamento doutras actuacións necesarios para executar este investimento.
c) Certificados expedidos polos organismos competentes acreditados de estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria Estatal e a Axencia Tributaria da Comunidade Autónoma, así como nas súas obrigas coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes por ningún concepto con ningunha Administración pública, só no caso de que se opoña á consulta ou non preste consentimento expreso ao órgano xestor para solicitalos.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade autónoma de Galicia.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
h) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"