Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
DE402A - Subvencións a federacións deportivas, clubs, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19
1. O obxecto destas bases é establecer o réxime das axudas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia, para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19.
2. O réxime xurídico das subvencións contidas na presente norma está constituído pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e as bases aprobadas pola presente resolución. No que respecta ás sociedades anónimas deportivas, este réxime de axudas queda suxeito ao Regulamento (UE) 1407/2013, da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L352/1, do 24 de decembro).
3. As subvencións concedidas conforme as presentes bases outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas.
Poderán ser beneficiarias das presentes subvencións:
a) Das axudas da liña I (axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional) os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas polas respectivas federacións deportivas da súa respectiva modalidade deportiva, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou 2021.
b) Das axudas da liña II (axudas para a compensación de minoración de ingresos), os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais non profesionais organizadas pola federación deportiva española da súa respectiva modalidade deportiva, así como os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas ou seccións deportivas inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia que participen nas competicións oficiais nas categorías absolutas previas á estatal, nas tempadas 2019/2020, 2020/2021 ou en 2020 ou en 2021.
c) Das axudas da liña III (axudas ás federacións deportivas galegas), as federacións deportivas galegas que se atopen inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia e que, co fin de facilitar a celebración de competicións na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos, 2020 ou 2021, segundo a modalidade de competición da respectiva federación, minoranse as cotas de inscrición (cota de inscrición de cada club e, se é o caso, dos respectivos equipos) nas súas competicións oficiais.
1. De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:
– Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).
– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).
2. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións:
a) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia nos que concorra algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que foran sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.
c) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen as persoas deportistas por razón de xénero.
d) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan adaptados os seus estatutos á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, no momento da solicitude.
e) As federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas que non teñan actualizados os datos da súa xunta directiva no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, no momento da solicitude.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral para O Deporte
Madrid, 2º Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881-996365
Email: subdireccion-plans-programas.pr@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Coruña
Servizo de Deporte da Coruña
Praza de Agustín Díaz, 1 (Complexo deportivo Elviña)
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881-960772
Email: deportes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Deporte de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982-294559
Email: deportes.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Deporte de Ourense
Avda. da Habana, 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988-386044
Email: deportes.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Deporte de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-9º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986-803926
Email: deportes.pontevedra@xunta.gal
Secretaría Xeral para O Deporte
Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 184 del 23 de setembro de 2021).
Extracto da Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 184 del 23 de setembro de 2021).
Resolución do 9 de novembro de 2021, da Subdirección Xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 14 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 220 do 16 de novembro de 2021).
Resolución do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se modifica a convocatoria para o ano 2021 regulada na Resolución do 14 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 238 do 14 de decembro de 2021).
Resolución do 3 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 14 de setembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas directas a federacións deportivas, clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para a reactivación da actividade deportiva competitiva no contexto da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 240 do 16 de decembro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
24/09/2021 00:00 - 25/10/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se inclúe como anexo I, dirixida aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da provincia onde teñan o seu domicilio.
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Todas as solicitudes deberán de presentar:
– Poder de representación, no caso de que non sexa a persoa presidenta da entidade quen actúe como persoa representante na tramitación deste procedemento.
b) Para a liña de actuación I:
– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a da entidade, no que conste o número total de deportistas con licenza federativa que participen nas competicións oficiais de ámbito autonómico na tempada 2019/2020, 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, e/ou certificado no que conste o número total de deportistas con licenza federativa que participen nas competicións oficiais de ámbito estatal non profesional na temporada 2019/2020, 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, segundo se establece no anexo II.
c) Para a liña de actuación II:
– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a da entidade, no que conste a minoración de ingresos derivados de billetaría e aboados na tempada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021 segundo se establece no anexo III.
d) Para a liña de actuación III:
– Certificado do/a secretario/a da entidade solicitante, emitido con visto e prace do/a presidente/a, na que se exprese as minoracións aplicadas ás cotas de inscrición na competición oficial autonómica na temporada 2019/2020, tempada 2020/21 ou nos anos 2020 ou 2021, segundo se establece no anexo IV.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Unha vez recibidas as solicitudes e a documentación complementaria, serán analizadas polos servizos provinciais de deportes da Secretaría Xeral para o Deporte co obxecto de comprobar que se atopan debidamente cubertas e suficientemente documentadas. Xunto con esta análise, comprobarase se o solicitante acredita o cumprimento dos requisitos establecido no artigo 2.
6. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se lle terá por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
Este requirimento realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015. Esta lista tamén será publicada nos taboleiros de anuncios da Secretaría Xeral para o Deporte e dos servizos provinciais de deportes, así como na páxina web http://deporte.xunta.gal/. Poderá tamén requirirse ao solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento, en calquera fase del.
Nesta publicación, e con efectos unicamente de publicidade, relacionaranse tamén as solicitudes admitidas que non están suxeitas a emenda e as inadmitidas.
Segundo o disposto no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo de emenda poderase reducir a cinco días hábiles aplicando o procedemento de urxencia, cando razóns de interese público o aconsellen para os efectos da tramitación, resolución e pagamento da convocatoria no exercicio corrente.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e coa Administración tributaria de Galicia.
e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Certificado do número total de deportistas con licencia federativa que participen nas competicións oficiais de ámbito autonómico na tempada 2019/2020, 2020/2021, ou nos anos 2020 ou 2021 (Anexo II)
- Certificado das minoracións aplicadas ás cotas de inscrición na competición oficial autonómica na tempada 2019/2020, 2020/2021 ou 2021 (Anexo IV)
- Certificado da minoración de ingresos derivados da taquilla e abonados na tempada 2019/2020, 2020/2021, ou nos anos 2020 ou 2021 (Anexo III)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
- Fase de xustificación
- Declaración do conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes actualizada á data da xustificación (Anexo V)
- Relación clasificada dos gastos efectuados e pagados (Anexo VII)
- Memoria da actuación xustificativa do cumprimiento das condicións impostas na concesión da subvención (Anexo VI)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Premios Deporte Galego.
Subvencións a clubs para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado.
Subvencións a concellos para a construcción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.
Subvencións a federacións deportivas de Galicia, para o desenvolvemento do plan corresponsables a través da realización de actividades de animación socio deportiva.