Guía de procedementos e servizos

DE401A

Premios Deporte Galego.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 05/06/2019 00:00 - 14/06/2019 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto da presente resolución é convocar os Premios do Deporte Galego do ano 2018.

Convocatoria e categorías.

Convócanse os Premios do Deporte Galego do ano 2018, que serán concedidos nas seguintes categorías:

1. Premio á mellor deportista feminina.

2. Premio á mellor deportista feminina con discapacidade.

3. Premio ao mellor deportista masculino.

4. Premio ao mellor deportista masculino con discapacidade.

5. Premio deportista revelación.

6. Premio ao mellor equipo feminino.

7. Premio ao mellor equipo masculino.

8. Premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade.

9. Premio á mellor entidade na promoción do deporte de base.

10. Premio ao/á mellor adestrador/a.

11. Premio ao/á mellor árbitro/a xuíz/a.

12. Premio ao mellor labor informativo.

13. Premio ao mellor evento deportivo.

14. Premio ao patrocinio deportivo.

15. Premio xogo limpo.

16. Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.

17. Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.

18. Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa.

Xunto a estas categorías, por proposta e por resolución do xurado, poderán outorgarse mencións especiais.

As entidades deportivas de Galicia inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, os concellos galegos, así como calquera outro organismo ou entidade pública ou privada radicados na Comunidade Autónoma, os membros do xurado e as persoas físicas relacionadas coa actividade física e o deporte galego, empregando o anexo que se xunta a esta resolución.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Secretaría Xeral para O Deporte

Subdirección Xeral de Plans e Programas

Servizo de Programación Deportiva e de Deporte en Idade Escolar

R/ Madrid nº 2 - 4-Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996369

Email: subdireccion-plans-programas.pr@xunta.gal

Secretaría Xeral para O Deporte

Prazo de presentación: PECHADO

05/06/2019 00:00 - 14/06/2019 23:59

O prazo para a presentación de candidaturas rematará aos dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presentación de candidaturas implica a total aceptación desta resolución ou do resultado do xurado.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que se inclúe como anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público.

  • Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requerirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa propoñente.

  • b) NIF da entidade propoñente.

  • c) DNI/NIE da persoa representante.

  • d) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolucion do 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan os Premios do Deporte Galego do ano 2018 (DOG nº 104 do 4 de xuño de 2019).

    • Resolución do 7 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicos os Premios Deporte Galego do ano 2018 (DOG nº 221 do 20 de novembro de 2019).

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano