Guía de procedementos e servizos

DE400F

Axudas DGAN-TAXAGAN 2025

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 28/11/2025 00:00 - 04/12/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Aquelas persoas solicitantes que necesiten cubrir o Anexo II de Representación, poderán atopalo na lapela "Requisitos e documentación" e dentro dela en "Anexos asociados". Poderán cubrilo, descargalo, imprimilo en PDF ou papel e asinalo, electronicamente ou de forma manuscrita, para finalmente anexalo como documentación complementaria.

 

Unha vez publicadas as listaxes provisionais e definitivas das solicitudes admitidas, as persoas interesadas disporán dun prazo para presentar alegacións, para o cal terán que utilizar o anexo de reclamación que está dispoñible na lapela "Requisitos e documentación" e dentro dela en "Anexos asociados". Poderán cubrilo, descargalo e asinalo para finalmente anexalo como documentación accedendo a "A miña sede" no trámite de alegacións do expediente correspondente a este procedemento.

Sobre o procedemento

Apoiar ás persoas deportistas, técnicas, adestradoras, xuíces e árbitros galegas que acrediten os requisitos administrativos e deportivos, en base aos resultados acadados entre o 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2024, de acordo aos baremos correspondentes, en competicións de modalidades/especialidades olímpicas e non olímpicas de ámbitos estatal, europeo e/ou mundial, das súas respectivas especialidades e probas deportivas.

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas deportistas, técnicas, adestradoras, xuices e árbitros galegas que cumpran os seguintes requisitos:

◦ Ter acadado o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte, como persoa deportista, técnica, adestradora, xuíz ou árbitro galega de Alto Nivel, nos anos 2024 ou 2025.

◦ Ter solicitado o recoñecemento de Alto Nivel á Secretaría Xeral para o Deporte, previamente ao remate do prazo de solicitudes da presente convocatoria e acadado unha posterior resolución positiva.

◦ A única excepción aos dous puntos anteriores será a de “deportistas de apoio/deportistas guías” solicitantes que se ben non teñen acceso ao recoñecemento galego de Alto Nivel, sí exerzan como tales con algunha persoa deportista de modalidade paralímpica ou de deporte adaptado que sí teña en vigor o recoñecemento de Alto Nivel nalgún dos dous casos anteriores. Nese caso, á persoa “deportista de apoio/deportista guía” solicitante, deberá:

   ▪ Ter veciñanza administrativa actualmente en Galicia ou tela tido durante a súa etapa de formación deportiva nun club deportivo galego e ademais reunir un dos seguintes requisitos:

      • Ter nado en Galicia.

      • Ter unha vinculación familiar ata o segundo grao de cosanguineidade en Galicia.

◦ Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade/especialidade practicada conforme o apartado 6.3.1. ou acadar a puntuación necesaria na aplicación do baremo establecido no punto 6.3.2. destas bases, no caso de que se lle aplique.

◦ Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

No caso de todos os tipos de Axuda, a persoa solicitante deberá cumprir cos criterios específicos estipulados no apartado 6.2.Tipos de axudas, criterios de valoración e regras comúns a todas elas.

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas solicitantes nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid, nº 2-4, 2ª planta - Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996373

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

28/11/2025 00:00 - 04/12/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do me

Solicitudes.

As persoas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identi¥icación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, as solicitudes poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas ou no propio rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela), cuxo horario de rexistro aos efectos de presentación das solicitudes referidas ás presentes bases será de 9:00 a 14:00 horas.

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

Anexo II. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.

 Documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite). Unicamente no caso de persoas solicitantes menores de idade e xunto co anterior Anexo II. Autorización de representación.

Anexo III. Formulario de mellores resultados deportivos acadados en 2024. Os mellores resultados deportivos deben facer referencia únicamente ao período temporal comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán presentar a documentación complementaria presencialmente nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento DE400F e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

 DNI/NIE da persoa solicitante.

 DNI/NIE da persoa representante.

 Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

 Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

 Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta. 

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores .

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente na forma e nos lugares indicados no apartado 5.1 das bases.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

A resolución de concesión finalizará en calquera caso, o 31 de decembro de 2025.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Bases da convocatoria de axudas a persoas deportistas, técnicas, adestradoras, xuíces e árbitros galegas de alto nivel

    • Anuncio da convocatoria de axudas a persoas deportistas, técnicas, adestradoras, xuízas e árbitras galegas de alto nivel (axudas DGAN-TAXAGAN 2025) (DOG nº 230 do 27 de novembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE405B

Autorización para inmersión e concursos ou campionatos de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR946C

Legalización dos libros das entidades deportivas

Tramitar en liña

Aberto todo o ano