Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT898A
Bases reguladoras axudas REGA.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Ofrecer seis axudas, para o desenvolvemento de proxectos artísticos con acompañamento de mentoría a través de residencias. Para iso, realizarase unha selección dun máximo de seis proxectos vinculados ás artes visuais, escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e artística, e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos no seu proceso.
Calquera persoa física.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia
Cidade da Cultura de Galicia. Edificio CINC, 3º andar. Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997564
Fax: 881997577
Email: cidade.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
09/04/2026 00:00 - 08/05/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.
En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.
As subvencións outorgadas ao abeiro desta orde figurará no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios. En todo caso, a presentación da solicitude implica que a persoa solicitante consente na inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no dito rexistro, feito que terá lugar, agás nos casos legalmente establecidos, de acordo co regulado no artigo 16.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Poderá participar nesta convocatoria calquera persoa física, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas, que desenvolva un proxecto artístico, vencellado ás artes visuais, escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos. Estas persoas deberán desenvolver as residencias de traballo nos espazos dispoñibles para este labor na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, sempre que cumpra cos seguinte requisitos:
1. Cada proxecto pode ser presentado por unha persoa física individual, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas. Cada participante poderá presentar unha única solicitude e non se poderá optar a máis dunha axuda por solicitude. Os proxectos serán de creación específica, orixinais e inéditos.
2. De non cumprir con algún dos requisitos ou non poder executarse dentro do prazo determinado pola convocatoria, o proxecto quedará automaticamente excluído, e procederá a devolución das cantidades xa desembolsadas da axuda.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. En relación coa presentación das solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta convocatoria de subvencións encádranse nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica e dedicación profesional que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos e, polo tanto, teñen a obriga de empregalos para realizar calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
1.1. Memoria do proxecto que se vai presentar en que deberá constar detalladamente:
A) Categoría a que está vencellado o proxecto:
• Artes visuais.
• Artes escénicas.
• Artes musicais.
• Deseño.
• Investigación e curadoría cultural e artística.
• Proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos.
B) Nome do proxecto e identificación da persoa física que solicita a axuda.
C) Concepto/idea artística, incluíndo obxectivos que se pretenden acadar.
D) Viabilidade da súa materialización, tanto no resultado práctico como no resultado de investigación, incluíndo orzamento realista e ben definido en relacións coas posibles fases do proxecto, e tendo en conta as diferentes necesidades deste (procesos de investigación, produción técnica, desprazamentos, honorarios de artista... e outros que se consideren pertinentes), a modo de valoración.
E) Xustificación da oportunidade na traxectoria artística do/dos participante/s.
F) Curriculum vitae detallado das persoas solicitantes
Este documento serve de base para a valoración, polo que deberá reflectir claramente o contido do proxecto.
A non presentación da memoria dentro do prazo concedido para solicitar a axuda será motivo de inadmisión da proposta; debido a que se establece un réxime de concorrencia competitiva para a concesión destas axudas e atendendo ao principio de igualdade, a non presentación do proxecto e/ou memoria indicada neste punto, xunto coa solicitude, no prazo establecido no artigo 3 destas bases, constituirá un defecto non emendable e comportará a inadmisión a trámite da solicitude.
A extensión máxima do proxecto será de 30 páxinas en formato PDF en tipo de letra Arial 11, espazo de 0 puntos e interliñado sinxelo; serán excluídos os proxectos que excedan este límite de páxinas.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de modo presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
f) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
h) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. No caso de que a consulta de datos reporte unha certificación negativa respecto da obriga de estar ao día coa Seguridade Social, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Atriga, requirirase a persoa interesada para que presente unha certificación positiva que acredite o seu cumprimento.
Estas certificacións serán expedidas polo órgano competente no prazo máximo previsto para estes efectos na súa propia normativa, que en ningún caso poderá ser superior a 20 días, e por instancia do/da solicitante poderán quedar na sede do devandito órgano á súa disposición ou enviarse ao lugar sinalado para o efecto na solicitude ou, na súa falta, ao domicilio de que teña constancia o devandito órgano por razón das súas competencias.
Se o certificado non for expedido no prazo sinalado, ou se o devandito prazo se prolongase máis alá do establecido para solicitar a subvención, deberase achegar coa solicitude da subvención a acreditación de solicitar o certificado, que se deberá achegar posteriormente, unha vez que sexa expedido polo órgano correspondente.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar despois da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Estatal
-
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (BOE nº 294 de 6 de decembro de 2018).
-
Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).
-
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).
-
-
Ámbito Autonómico
-
Ley 4/2019, de 17 de julio, de administración digital de Galicia (DOG nº 141, de 26 de julio de 2019).
-
Corrección de errores.-Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 61 del 30 de marzo de 2009).
-
Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 20 del 29 de enero de 2009).
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
-
Orde do 9 de marzo de 2026 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para outorgar subvencións, se aproban as bases reguladoras relativas ás axudas Rega e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 64 do 08 de abril de 2026).
-
Extracto da Orde do 9 de marzo de 2026 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para outorgar subvencións, se aproban as bases reguladoras relativas ás axudas Rega, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 64 do 08 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano