Guía de procedementos e servizos

CT402G

Selección dunha entidade colaboradora para a xestión do programa da Aceleradora Cultural de Proxectos Musicais ao abeiro dos fondos Next Generation EU e do mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 17/11/2022 00:00 - 09/12/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Convocatoria.

Convócase, para o ano 2022, o procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará na xestión e realización das actividades que compoñen o Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais, de acordo coa resolución da Axencia Galega das Industrias Culturais pola que se establezan as bases de participación en dita Aceleradora Cultural (código de procedemento CT402G).

Obxecto da colaboración.

O obxecto da colaboración é o deseño, xestión e desenvolvemento das actividades do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais nos ámbitos de consultaría, mentoring, confección produtos musicais, presentación e difusión de proxectos, participación en eventos do sector musical das entidades seleccionadas como beneficiarias para participar no programa da Aceleradora.

Para estes efectos, subscribirase o oportuno convenio de colaboración entre a entidade colaboradora e Agadic, segundo o modelo que figura como anexo I desta convocatoria.

Poderán ser entidades colaboradoras as entidades con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, validamente constituídas.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais

Departamento de Política Audiovisual

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996486/ 881996487/ 881996489/ 881996474

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

17/11/2022 00:00 - 09/12/2022 23:59

O prazo máximo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

a) Non ter ánimo de lucro.

b) Desenvolver a súa actividade habitualmente no ámbito territorial en Galicia.

c) Ter experiencia e coñecemento do sector musical acreditado de máis de tres anos.

d) Ter experiencia acreditada na organización de actividades formativas no emprendemento musical na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Dispoñer dun centro de traballo adecuado, e coas tecnoloxías apropiadas para poder desenvolver as diferentes partes que implican a aceleración musical, no ámbito territorial de Galicia.

f) Poder acreditar a súa solvencia económica por algún dos medios previstos no artigo 87.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

A entidade colaboradora actuará en nome do órgano concedente para todos os efectos relacionados co programa, xestionando e desenvolvendo as actividades nas que participarán as entidades seleccionadas para ser beneficiarias do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta resolución.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Na solicitude as persoas interesadas deberán realizar as seguintes declaracións responsables, recollidas no anexo II:

a) Que todos os datos contidos na solicitude e documentos que se achegan son certos.

b) Que non esta incursa nas prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Que cumpre cos requisitos establecidos no artigo 3 sen prexuízo da súa verificación ou acreditación posterior.

d) Que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto obxecto desta convocatoria.

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación administrativa:

a) Escritura de constitución/modificación.

b) Poderes acreditativos da representación da persoa que asina a solicitude de participación.

c) Proposta técnica, memoria e toda a documentación que a xuízo da entidade permita á Administración valorar a solicitude conforme os criterios obxectivos fixados no artigo sexto (anexo III).

d) Declaración do cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (DNSH) (anexo IV).

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración.

Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse de novo á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en a que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento do procedemento o exixa ou existan dúbidas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

‒ NIF da persoa xurídica solicitante.

‒ DNI ou NIE da persoa representante.

‒ Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

‒ Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

‒ Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

10 días naturais contados a partir do día seguinte ao do final do prazo de presentación de solicitudes.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se convoca, para o ano 2022, o procedemento de concorrencia competitiva para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 (DOG nº 218 do 16 de novembro de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 3 de novembro de 2022 pola que se convoca, para o ano 2022, o procedemento de concorrencia competitiva para a selección dunha entidade colaboradora para a xestión do Programa da aceleradora cultural de proxectos musicais ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241 (DOG nº 224 do 24 de novembro de 2022).

    • Resolución do 7 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2022 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT128A

Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT128B

Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT141A

Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59