Guía de procedementos e servizos

CT402C

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 05/04/2018 00:00 - 31/07/2018 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.

No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

E, supletoriamente:

d) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

e) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

f) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.

Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018:

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou convite/s con contido económico.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou convite/s con contido económico.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. Só se terán en conta e serán funcións subvencionables aquelas programadas en espazos que non formen parte da Rede galega de teatros e auditorios.

En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou cesións.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077 / 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

05/04/2018 00:00 - 31/07/2018 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xullo de 2018.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

  • Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

 Documentación xeral:

  • Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

  • Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación.

  • Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un.

  • Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromiso de non disolución durante o tempo de duración da actividade subvencionada.

  • Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou no que corresponda.

  • • Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

  • Documentación específica para cada modalidade:

a) Modalidade A.1 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia) e modalidade A.2 (subvencións para a exhibición de espectáculos de artes escénicas e musicais en feiras e festivais fóra de Galicia):

  • Ficha de distribución (anexo II).

  • Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.

  • b) Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.

    • Ficha de distribución (anexo II).

    • Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

    • Se é o caso, contrato ou declaración asinada polo solicitante, da relación dos asistentes coa entidade.

c) Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.

  • Ficha de contratación (anexo III).

  • Contrato de actuación.

A documentación específica presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Comprobación de datos:

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • NIF da persoa xurídica solicitante.

  • DNI ou NIE da persoa representante.

  • Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

  • Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 65 do 4 de abril de 2018).

    • Extracto da Resolución do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 65 do 4 de abril de 2018).

    • Resolución do 22 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2018 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano