Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT400A
Autorización para intervencións no Patrimonio Cultural
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Regular e habilitar, na sede electrónica da Xunta, o procedemento de outorgamento da necesaria autorización pola consellería con competencias en materia de patrimonio cultural, das intervencións ou cambios de uso substanciais que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados con protección integral, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento, co fin de garantir que sexan compatibles cos valores culturais que aconsellan a súa protección.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural
San Caetano s/n Bloque 3 2º
15708 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: proteccion.patrimonio.cultural@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Trátase dun procedemento administrativo de prazo aberto e poderase presentar o formulario de solicitude desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes
1. As solicitudes (modelo anexo I) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A presentación electrónica será obrigatoria para: as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas, e as persoas representantes dunha das anteriores.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. As solicitudes presentaranse dirixidos á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da consellería competente en materia de patrimonio cultural.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
As actuacións que excedan as de mantemento sobre os bens declarados ou catalogados exixirán a presentación do correspondente proxecto de intervención, que conterá:
a) Datos de identificación do ben.
b) Estudo do ben e da súa documentación histórico-artística.
c) Análise previa física, química ou biolóxica, e, segundo o caso, fichas de diagnose do seu estado de conservación.
d) Proposta e metodoloxía de actuación, as técnicas, produtos e materiais que se van empregar.
e) Valoración e xustificación do cumprimento dos criterios de intervención recollidos nos artigos 44 e 46 desta lei e análise crítica do valor cultural.
f) Documentación gráfica da actuación incluíndo fotografías de estado actual tanto de detalle como de carácter xeral na súa contorna de protección.
g) Programa de mantemento e conservación preventiva.
2. En calquera caso, coa solicitude de autorización para as intervencións que non requiran proxecto de intervención deberase acompañar, como mínimo:
a) Descrición sucinta da intervención que recolla os materiais, dimensións, sistemas construtivos e acabados da proposta.
b) Fotografías do estado actual tanto de detalle como de carácter xeral na súa contorna de protección.
c) Identificación do ámbito da actuación, sinalando preferentemente a parcela catastral, e dos bens culturais afectados.
3. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e a resolución do procedemento.
4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 93/2017, do 14 de setembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos consellos territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía (DOG nº 192 do 9 de outubro de 2016).
-
Decreto 84/2017, do 3 de agosto, polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Mixta Xunta de Galicia-Igrexa Católica.
-
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).
-
Resolución do 3 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se aproba o modelo normalizado e se regula o procedemento para a autorización das intervencións no patrimonio cultural (DOG nº 111 do 16 de xuño de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano