Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT300A
Subvencións para a actuacións de promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Presidencia da Xunta de Galicia
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a estabilidade e consolidación das asociacións de amigos do Camiño de Santiago e a aqueloutras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea (código de procedemento CT300A), con dúas liñas de actuación:
Liña 1. Proxectos relacionados coa acollida aos peregrinos que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia: nesta liña subvencionaranse accións de dotación de servizos, accesibilidade, novas tecnoloxías e sustentabilidade ambiental, formación e programas de hospitaleiros voluntarios e accións de mellora de albergues.
Liña 2. Proxectos relacionados co estudo e documentación do fito xacobeo, coa difusión da cultura xacobea e publicacións relativas á difusión da cultura xacobea.
1. Poderán solicitar as axudas as asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes.
3. Non se permitirá a presentación de solicitudes conxuntas por varias entidades.
4. Cada entidade só poderá presentar unha solicitude ao abeiro destas bases e por unha soa das liñas establecidas no artigo 1.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996264 / 881996265
Email: cultura.xacobea@xacobeo.org
Prazo de presentación: PECHADO
17/12/2019 00:00 - 16/01/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
1. Para poder obter axuda, os proxectos presentados deberán reunir os seguintes requisitos:
a) O proxecto debe estar completo, de xeito que a documentación que se achegue xustifique e explique suficientemente a súa formulación.
b) Deberá fundamentar a súa necesidade social ou insuficiencia de cobertura, no caso da existencia de programas públicos ou privados desenvoltos coa mesma finalidade.
c) O proxecto deber ser viable, tanto en termos de execución económica como social.
d) Deberá contar cunha capacidade técnica, organizativa e de xestión axeitada para levar a cabo o proxecto que se vai realizar.
e) Valorarase a implantación dun sistema de control e avaliación das actividades propias da entidade, mediante o establecemento de indicadores que permitan medir o grao de cumprimento dos obxectivos.
2. Só se admitirán como gastos subvencionables os efectivamente realizados e pagados con anterioridade ao remate do prazo de xustificación, isto é, do 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de outubro de 2020, e que indubidablemente sexan custos vinculados ao desenvolvemento do proxecto presentado.
3. Non serán subvencionables os seguintes gastos:
a) Andainas, comidas e aloxamento que, non formando parte do proxecto presentado ao abeiro destas bases, teñan como participantes aos socios das asociacións ou entidades.
b) Asistencia dos socios da asociación ou entidade a simposios, reunións, feiras ou congresos que teñan como finalidade a mera asistencia aos eventos.
c) Aquelas que teñan como finalidade o financiamento dos gastos correntes da asociación, alugamentos de locais, subministracións, etc.
d) O imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables ou compensables pola entidade.
e) Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto da axuda.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo II desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Excepcionalmente, no caso de entidades estranxeiras que non dispoñan de mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, poderán presentar as solicitudes presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, tendo en conta que as entidades destinatarias destas subvencións poden estar situadas en múltiples países con niveis de desenvolvemento tecnolóxico moi diferentes, constituídas de acordo coa lexislación aplicable en cada un e con características legais, técnicas e funcionais distintas non asimilables á situación vixente en Galicia, que imposibilitan ou impiden a presentación electrónica de solicitudes. O medio de presentación elixido manterase para calquera tipo de relación coa Axencia Turismo de Galicia ata que remate o procedemento.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura de válida constitución da asociación ou entidade co seu obxecto social. Os solicitantes estranxeiros deberán achegar a documentación equivalente que acredite a condición de asociación conforme as exixencias da lexislación vixente no país do solicitante.
b) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras, documento equivalente ao NIF da entidade solicitante.
c) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras, documento equivalente ao DNI da persoa representante.
d) Poder de representación da persoa representante.
e) Memoria descritiva do proxecto que se presenta, xunto co anexo III debidamente cuberto.
f) Presentación da relación de gastos orzamentados no proxecto presentado. Non se admitirán os gastos que non figuren nesta relación. Os orzamentos deberan presentar o desagregamento da base impoñible e o IVE de cada partida do orzamento.
g) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras deberán presentar un certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia (artigo 10.4 do Decreto 11/2009) acompañado da súa tradución legal ao galego ou español.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Excepcionalmente, no caso de entidades estranxeiras que non dispoñan de mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, poderán presentar a documentación presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común en concordancia co previsto no artigo 5.2.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
f) Certificado de estar ao día no pagamento da Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Consellería de Facenda.
h) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. No caso de asociacións ou entidades estranxeiras, a documentación relacionada nas alíneas a) e b) deste artigo substituirase pola presentación de documento equivalente e nas alíneas c), d), e e) poderá substituírse por un certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia (artigo 10.4 do Decreto 11/2009) acompañado da súa tradución legal ao galego ou español.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, salvo nos casos de imposibilidade de conformidade co disposto no artigo 5.2 destas bases.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Relación de gastos previstos (Anexo IV)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT300A) (DOG nº 238 de 16 de decembro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT300A) (DOG nº 238 de 16 de decembro de 2019).
-
Resolución do 2 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 228 do 11 de novembro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59