Guía de procedementos e servizos

CT236A

Subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 15/01/2025 00:00 - 14/02/2025 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Realización de actividades de dinamización de lectura nas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, no marco do programa Ler conta moito.

Entidades locais de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo de Bibliotecas

Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n.

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999773

Email: servizo.bibliotecas@xunta.gal

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

15/01/2025 00:00 - 14/02/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 15 de xaneiro de 2025 ata o día 14 de febreiro de 2025, ambos incluídos. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos nesta orde.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos de participación

As bibliotecas públicas e axencias de lectura municipais para as que se solicita a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar integradas na Rede de bibliotecas de Galicia (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.

c) Ter cuberta, a través do formulario web habilitado para este efecto en www.rbgalicia.xunta.gal, a estatística de bibliotecas do ano 2023.

Quedan excluídas do cumprimento deste requisito as bibliotecas públicas ou axencias de lectura que non tivesen actividade en 2023 por teren iniciado a súa actividade ou reactivado os seus servizos durante 2024 ou 2025, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, e sempre que comunicasen esta circunstancia ao Servizo de Bibliotecas antes da publicación desta convocatoria.

d) Ter informatizada a xestión da biblioteca ou da axencia de lectura.

Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de subvención ao abeiro desta orde dirixiranse á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda. Se a emenda deste concreto defecto (presentación presencial da solicitude) se realiza unha vez transcorrido o prazo indicado na convocatoria da subvención para a presentación de solicitudes, o órgano competente ditará resolución en que se desestimará a solicitude por presentarse fóra do prazo, de acordo co artigo 23 en relación co artigo 20.2, letra g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2025).

    • Extracto da Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 3 do 7 de xaneiro de 2025).

    • Resolución do 27 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 67 do 7 de abril de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

CT230A

Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230B

Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT302B

Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 17/02/2026 09:00 - 17/03/2026 14:00