Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT215A
Subvencións a festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
A concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria as institucións sen ánimo de lucro de carácter privado, sen prexuízo do cumprimento da totalidade da normativa aplicable, e deberán reunir os seguintes requisitos xerais:
– Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as entidades en que concorra algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e as condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
– A acreditación de que as entidades non están incursas nas prohibicións ou circunstancias relacionadas nos puntos anteriores realizarase mediante declaración responsable, a través do anexo I de solicitude.
2. Ademais dos requisitos establecidos no número 1 deste artigo deben reunir os seguintes requisitos específicos:
– Ter representación na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ter como obxecto social nos seus estatutos o fomento e dinamización da cultura galega.
– Desenvolver a maior parte das súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes institucións sen fin de lucro:
– Entidades ou asociacións que pertenzan ao ámbito educativo.
– Asociacións ou federacións de veciños, e da terceira idade.
As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Servizo de Promoción da Cultura
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544856-881999782
Email: servizopromocion.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
18/04/2026 00:00 - 18/05/2026 23:59
As entidades solicitantes que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo es inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes
1. As solicitudes de participación para estas axudas deberán respectar as seguintes condicións:
a) Cada entidade só poderá presentar unha única solicitude cun único proxecto.
b) Cando o órgano tramitador observe que unha institución sen ánimo de lucro participa en máis dunha solicitude, poñerao de manifesto para que, no prazo máximo de dez (10) días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo; de non o facer, non se admitirá ningunha das solicitudes presentadas.
2. As entidades solicitantes que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo es inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
– Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
– Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se entregan son certos e se aceptan as condicións e obrigas recollidas nesta convocatoria.
– Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
– Declaración responsable de que, en relación co proxecto presentado, este cumpre cos requisitos exixidos no artigo 1.3 da orde:
– Terá unha duración mínima de dous (2) días consecutivos e un máximo de seis (6) días (dos cales, polo menos, dous (2) serán consecutivos).
– O orzamento destinado á contratación artística non superará o 50 % do orzamento do proxecto presentado e o importe por actuación non superará en ningún caso os 10.000,00 €.
– A programación contará, como mínimo, cun 30 % do total das actuacións artísticas a cargo de grupos e/ou compañías galegas.
– O proxecto obxecto de subvención ten carácter libre e gratuíto para o público asistente.
– Declaración responsable de que se dispón do acordo de solicitude da axuda e que este recollerá a aceptación das condicións e dos requisitos establecidos na orde, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Documentación xeral:
a) Acreditación da representación da persoa que asina a solicitude en nome da entidade.
b) Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda.
c) No caso de fundacións, acreditación de estar ao día no cumprimento das obrigas de presentación das contas do padroado, de acordo coa normativa específica que rexa a entidade.
1.2. Documentación específica
a) Ficha do proxecto (anexo II).
b) Memoria da traxectoria e interese cultural e artístico do evento en edicións anteriores, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 14.1.A), os seguintes aspectos:
– Antigüidade do evento.
– Premios e recoñecementos do dito evento acreditados.
– Asistencia de público, con achega de datos de participación presencial.
– Calidade das programacións, facendo explícitos os seus aspectos innovadores e creativos.
– Repercusión nos medios de comunicación e no territorio.
A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas a dobre cara co seguinte formato: letra Arial ou Times New Roman, tamaño 12, interliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.
c) Memoria completa e detallada do proxecto que se vai realizar, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 14.1.B), os seguintes aspectos:
– Interese, singularidade e relevancia artística e cultural da edición.
– Contribución e estratexias de captación ou creación de novos públicos.
– Apoio, se é o caso, ás novas audiencias e aos colectivos desfavorecidos e non habituais no consumo cultural.
– Programación de actividades culturais complementarias vinculadas ao proxecto presentado.
– Plan de comunicación.
– Repercusión territorial.
– Contribución ao desenvolvemento e difusión da cultura e lingua galegas, indicando a lingua que se empregará tanto no desenvolvemento como na difusión da actividade, o establecemento do uso da lingua non suporá un límite ao establecemento ou prestación das actuacións.
A memoria deberá expoñer con claridade o carácter musical ou escénico do proxecto e concretará os obxectivos que se perseguen, os resultados esperados, así como a temporalización e localización do evento. A memoria deberá ter unha extensión mínima de dúas páxinas, letra Arial ou Times New Roman tamaño 12, interliñado sinxelo, aliñación xustificada e marxes de 2 cm.
2. Sen prexuízo de todo o anterior, a entidade solicitante poderá achegar calquera outra documentación que entenda que é pertinente para unha mellor valoración da solicitude; así mesmo, a unidade tramitadora das subvencións poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que considere pertinente.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude poderá requirir as entidades solicitantes para que acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación do procedemento.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) Comprobación de subvencións e axudas concedidas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
odos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de pagamento da subvención (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 71 do 17 de abril de 2026).
-
Extracto da Orde do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 71 do 17 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Subvencións para a participación de galerías de arte en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo aberto: 15/05/2026 09:00 - 15/06/2026 20:00