Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT143A
Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
O premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.
Poderá optar a este premio calquera persoa física, maior de idade, que presente textos inéditos escritos orixinalmente en galego conforme a normativa vixente, en relación cos labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, sen participación de programas de intelixencia artificial. Quedarían polo tanto excluídas as traducións doutras linguas e redaccións mediante o uso ou a intervención de programas de intelixencia artificial.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Centro Galego de Arte Contemporánea CGAC
R/ Valle Inclán, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546614/ 981546615
Email: cgac@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
27/05/2026 00:00 - 18/09/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación das bases e da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o 18 de setembro de 2026.
1. Non poderán resultar premiadas as persoas participantes, nas cales concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e unha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais, que non poderán conter ilustracións, abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos os espazos. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante e, polo tanto, que rompa o anonimato. O incumprimento deste aspecto provocará a exclusión do proceso.
3. Non poderán concorrer ao premio traballos que xa foran presentados nalgunha das edicións anteriores.
Solicitudes
Tendo en conta que as persoas que poden optar a este premio teñen capacidade e medios suficientes para a presentación electrónica, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Unha copia do texto.
b) A documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante, se é o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación aquela en que for realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
f) Consulta da inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, e se convoca para o ano 2026 (DOG nº 96 do 26 de maio de 2026).
-
Extracto da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do IX Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea, e se convoca para o ano 2026 (DOG nº 96 do 26 de maio de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Axudas para intervencións arqueolóxicas en conxuntos históricos, zonas arqueolóxicas ou xacementos catalogados ou inventariados.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo aberto: 31/08/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano