Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT111D
Modificación non substancial/disolución de centros museísticos
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Procedemento de modificación non substancial ou disolución de centros museísticos xa existentes.
Centros museísticos: os museos, as coleccións museográficas e os centros de interpretación do patrimonio cultural.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo de Centros Museísticos
Edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaias, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 544 888
Email: servizo.museos.cultura@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
1. Este decreto é de aplicación aos centros museísticos radicados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, coas salvidades previstas no artigo 2 da Lei 7/2021, do 17 de febreiro.
2. Quedan excluídos da regulación contida neste decreto os centros de titularidade autonómica, cuxa creación se fará mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia.
Inicio do procedemento
1. O procedemento iniciaranse mediante a solicitude ou a comunicación presentada pola persoa, física ou xurídica, titular do centro ou por quen a represente legalmente.
2. A solicitude ou a comunicación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que se establece no anexo II, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude/comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e de sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria para modificación non substancial
Xunto coa comunicación de modificación non substancial, presentarase unha memoria explicativa do cambio solicitado, a xustificación da súa finalidade e a descrición detallada das modificacións.
Documentación complementaria para a disolución
Xunto coa comunicación de disolución, presentarase unha memoria explicativa na cal se recollan, cando menos, os seguintes extremos:
a) Data prevista da disolución e da fin da actividade museística.
b) Causas ou motivos da disolución.
c) Destino dos bens culturais e das medidas de seguranza que garantan a súa protección, sen prexuízo das medidas que de oficio poida aplicar a Administración autonómica de Galicia en cumprimento da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante ou comunicante.
b) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa representante.
c) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante ou comunicante.
d) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas que presenten os documentos correspondentes.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. De conformidade co artigo 28.7 da lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal, de acordo co artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar datos ou documentos non exixidos pola normativa reguladora aplicable ou que xa fosen achegados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, e a Administración pública debe recadalos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou doutros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada ou a lei aplicable requira o seu consentimento expreso. Excepcionalmente, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude ou comunicación
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude ou comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).
-
Corrección de erros. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2016).
-
Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
-
Decreto 4/2026, do 19 de xaneiro, polo que se regulan os procedementos de creación, modificación e disolución de museos e outros centros museísticos de Galicia (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2026).
-
Corrección de Erros. Decreto 4/2026, do 19 de xaneiro, polo que se regulan os procedementos de creación, modificación e disolución de museos e outros centros museísticos de Galicia (DOG nº 41 do 03 de marzo de 2026).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Creación/modificación substancial de centros museísticos
Aberto todo o ano