Guía de procedementos e servizos

CT110C

Axudas destinadas a Centros Museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 16/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Sobre o procedemento

Convocar axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación e a difusión

Entes locais  e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Cidade da Cultura, Monte Gaias s/n. Edificio da Biblioteca. 2º andar

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545934

Email: servizo.museos.cultura@xunta.gal

https://www.cultura.gal/gl/servizos

https://museos.xunta.gal/gl

Dirección Xeral de Cultura
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

16/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Se entenderá como último día del plazo el correspondiente al mismo ordinal del día de la publicación. Si el último día del plazo es inhábil, se entenderá prorrogado al primer día hábil siguiente y si en el mes de vencimiento no hay día equivalente al inicial del cómputo, se entenderá que el plazo expira el último día del mes.

1.Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:

a) Fundacións ou padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.

b) Entidades titulares de museos e outros centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, nas partidas de gasto correspondentes á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

2. Ademais dos requisitos sinalados no número 1, as entidades solicitantes deberán ter cumprido coa obriga recollida no artigo 6 da Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, de remitir ao Servizo de Centros Museísticos as estatísticas solicitadas.

3. No caso dos entes locais, segundo o establecido no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que teñan cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

Solicitudes

As solicitudes de participación para estas axudas deberán respectar as seguintes condicións:

1. Só se admitirá unha solicitude por entidade interesada, que se presentará conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa segundo o modelo que figura como anexo II, en que se indique de forma expresa:

1º. Actuación ou actividade para a cal se solicita a subvención, segundo o artigo 5.

2º. Xustificación xeral da actividade proposta: obxectivos xerais e obxectivos específicos.

3º. Descrición detallada da actividade: formato, contido, público ou persoas destinatarias da actividade, recursos humanos implicados (número, cualificación e experiencia, se é persoal propio ou externo), linguas utilizadas e cronograma de execución, así como outros aspectos técnicos que se consideren relevantes.

b) Documentación acreditativa ou compromiso de formalización da existencia dunha rede, se é o caso. Deberá achegarse descrición detallada da colaboración e identificación dos centros museísticos que participan na execución da actividade.

c) Se é o caso, xustificación das circunstancias ou elementos referidos aos criterios de valoración que aparecen no artigo 12.

d) Orzamento desagregado (IVE incluído) e detallado da actuación ou actividade que inclúa a previsión de gastos previstos, así como a cantidade que se solicita, segundo o anexo III.

e) Adicionalmente, poderanse achegar outros documentos complementarios para ampliar ou ilustrar a información contida nos datos do proxecto, a modo de anexo, cando conteñan arquivos como imaxes, táboas, follas de cálculo, gráficos, vídeos etc.

f) Acreditación da representación, de ser o caso.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente, a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

4. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) NIF da entidade representante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.

g) Consulta de concesións ampliado.

h) Consulta de axudas do Estado.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 5 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 09 do 15 de xaneiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano