Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT110C
Axudas destinadas a Centros Museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Convocar axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación e a difusión.
Entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo de Centros Museísticos
Cidade da Cultura. Monte Gaias, s/n. Edificio da Biblioteca - 2º andar
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545934
Email: servizo.museos.cultura@xunta.gal
https://www.cultura.gal/gl/servizos
https://museos.xunta.gal/gl
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.
1. Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:
a) Fundacións ou padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.
b) Entidades titulares de museos e centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, nas partidas de gasto correspondentes á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
2. Cumprir co establecido no artigo 6.h) da Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos.
Elaborar e remitir á consellería competente en materia de centros museísticos as estatísticas e datos informativos sobre os seus fondos, actividades e prestación de servizos.
Solicitudes
As solicitudes de participación para estas axudas deberán respectar as seguintes condicións:
1. Só se admitirá unha solicitude por entidade interesada, que se presentará conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, seá requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Xunto coa solicitude constan a relación doutras axudas concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto ou situación en que están, segundo figura no anexo I.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa da actuación ou actividade segundo o modelo que figura como anexo II, en que se indique de forma expresa:
1º. Actuación ou actividade para a cal se solicita subvención, segundo o artigo 5.
2º. Xustificación xeral da actividade proposta: obxectivos xerais e obxectivos específicos.
3º. Descrición detallada da actividade: formato, contido, público ou persoas destinatarias da actividade, recursos humanos implicados (número, cualificación e experiencia, se é persoal propio ou externo), linguas utilizadas e cronograma de execución, así como outros aspectos técnicos que se consideren relevantes.
b) Documentación acreditativa ou compromiso de formalización da existencia dunha rede. Se é o caso, descrición detallada da colaboración e identificación dos centros museísticos que participan na execución da actividade.
c) Se é o caso, xustificación das circunstancias ou elementos referidos aos criterios de valoración que aparecen no artigo 12.
d) Orzamento desagregado (IVE excluído) e detallado da actuación ou actividade que inclúa a previsión de gastos previstos, así como a cantidade que se solicita, segundo o anexo III.
e) Adicionalmente, poderanse achegar outros documentos complementarios para ampliar ou ilustrar a información contida nos datos do proxecto, a modo de anexo, cando conteñan arquivos como imaxes, táboas, follas de cálculo, gráficos, vídeos, etc.
f) Acreditación da representación, de ser o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.
g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
-
Decreto 146/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (DOG nº 101 do 27 de maio de 2024).
-
Orde do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Orde do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Resolución do 3 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 3 de xuño de 2025 de concesión de axudas convocadas mediante a Orde do 28 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 112 do 13 de xuño de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano