Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT110C - Axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2023 (código de procedemento CT110C).
Actividades subvencionables .
1. Será susceptible de subvención ao abeiro desta orde a realización das seguintes actuacións e actividades:
a) Inventario, catalogación e/ou documentación gráfica ou audiovisual en soporte dixital dos fondos materiais e inmateriais que compoñen as coleccións.
b) Adquisición de equipamento para a conservación preventiva dos fondos museográficos e documentais do centro na exposición permanente ou nas áreas de reserva.
c) Actualización da exposición permanente nos contidos do seu discurso ou na súa museografía, incluíndo o desenvolvemento e produción de contidos complementarios audiovisuais e multimedia, audioguías ou recursos documentais doutro tipo postos a disposición do público nas salas para mellorar o acceso aos fondos.
d) Organización de exposicións temporais acordes co ámbito territorial e/ou temático do centro.
e) Realización de actividades didácticas e lúdico-culturais relacionadas co ámbito temático do centro.
f) Creación ou renovación da páxina web do centro.
g) Traballos de investigación sobre o patrimonio material e inmaterial relacionado coas súas coleccións ou co ámbito temático do centro.
h) Traballos de edición e tradución de publicacións científicas e divulgativas sobre as coleccións ou o ámbito temático do centro en calquera soporte en forma de catálogos, monografías, publicacións periódicas, folletos, produtos audiovisuais e multimedia.
i) Elaboración de documentos e estudos para a mellora e a innovación na xestión: plans museolóxicos, cartas de servizos, estudos de público, elaboración de plans de comunicación e márketing cultural, diagnósticos previos e planificación de medidas en favor da igualdade de mulleres e homes, así como medidas para a inclusión na xestión interna e na programación de actividades do museo.
Gastos subvencionables .
1. Consideraranse gastos subvencionables aqueles que respondan indubidablemente á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e se realicen no prazo establecido nesta convocatoria e na resolución de concesión ou nas súas posibles modificacións.
Cando o importe do gasto subvencionado supere os custos previstos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a tres provedores diferentes.
En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.
2. Os custos indirectos só serán subvencionables se se imputan pola entidade beneficiaria á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo coas normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período no que efectivamente se executou a actividade. En todo caso, deberán ser incluídos como tales e cuantificados no orzamento de gastos previstos presentado coa solicitude e deberán ser xustificados.
3. Non serán gastos subvencionables os seguintes gastos:
a) O importe do IVE cando sexa susceptible de recuperación ou compensación. Neste suposto, a cantidade imputable como gasto será a correspondente á base impoñible dos gastos xustificados. No caso das facturas de autónomos, o gasto subvencionable será a base impoñible ou o total, segundo o caso, pero en todo caso sen aplicar a retención do IRPF, por ser un gasto que o beneficiario realiza ao aboalo a Facenda.
b) Os gastos consistentes en investimentos en inmobilizado material que teñan por obxecto a ampliación, a mellora, a rehabilitación ou a conservación do inmoble.
c) Gastos asociados a profesionais que non imputen horas directamente á actividade obxecto da subvención.
Entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación.
Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:
a) Fundacións ou Padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.
b) Entidades titulares de museos e centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, nas partidas de gasto correspondentes á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Cultura
Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos
Servizo de Centros Museísticos
Cidade da Cultura, Monte Gaias s/n. Edificio da Biblioteca. 2º andar
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545934
Email: servizo.museos.cultura@xunta.gal
Dirección Xeral de Cultura
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2022).
Corrección de erros. Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG nº 142 do 27 de xullo de 2022).
Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 225 do 25 de novembro de 2022).
Extracto da Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 225 do 25 de novembro de 2022).
Corrección de erros. Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 231 do 5 de decembro de 2022).
Resolución do 22 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 11 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 44 do 3 de marzo de 2023).
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
Prazo de presentación: PECHADO
26/11/2022 00:00 - 26/12/2022 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Solicitudes .
1. Só se admitirá unha solicitude por entidade interesada, que se presentará conforme ao modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Xunto coa solicitude constan a relación doutras axudas concedidas ou solicitadas para o mesmo obxecto ou situación na que se atopan segundo figura no anexo I.
Documentación complementaria .
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa da actuación ou actividade segundo o modelo que figura como anexo II indicando de forma expresa:
1º. Actuación ou actividade para a que se solicita subvención, segundo o artigo 5.
2º. Xustificación xeral da actividade proposta: obxectivos xerais e obxectivos específicos.
3º. Descrición pormenorizada da actividade: formato, contido, público ou persoas destinatarias da actividade, recursos humanos implicados (número, cualificación e experiencia, se é persoal propio ou externo), linguas utilizadas e cronograma de execución, así como outros aspectos técnicos que se consideren relevantes.
4º. No seu caso, descrición pormenorizadas da colaboración e identificación dos centros museísticos que participan na execución da actividade.
5º. No seu caso, xustificación da inclusión de elementos para favorecer a igualdade de mulleres e homes.
6º. No seu caso, xustificación da inclusión de elementos para a accesibilidade e o deseño universal.
b) Orzamento desagregado (IVE excluído) e detallado da actuación ou actividade que inclúa a previsión de gastos previstos así como a cantidade que se solicita segundo o anexo III.
c) Documentación acreditativa ou compromiso de formalización da existencia dunha rede.
d) Adicionalmente, poderanse achegar outros documentos complementarios para ampliar ou ilustrar a información contida nos datos do proxecto, a modo de anexo, cando conteñan arquivos como imaxes, táboas, follas de cálculo, gráficos, vídeos, etc.
e) Acreditación da representación, de ser o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) NIF da entidade representante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.
g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"