Guía de procedementos e servizos

CO401A

Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta resolución ten por obxectivo aprobar os formularios normalizados para a presentación na sede electrónica de reclamacións e denuncias en materia de consumo.

– CO401A. Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo, mediante o cal a persoa interesada pode presentar na sede electrónica de Galicia unha reclamación ou reclamación e denuncia, en materia de consumo.

Neste caso soamente será persoa interesada a que teña a condición de consumidor, de acordo co establecido no artigo 3 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Servizo de Protección ao Consumidor

Avda. Gonzalo Torrente Ballester, 1-5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 900231123

Email: igc.xerencia@xunta.gal

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta resolución é de vixencia indefinida e cun prazo de presentación aberto.

As reclamacións e/ou denuncias presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, as persoas representantes dunha das anteriores, as persoas autónomas e as persoas empregadas das administracións públicas nos trámites realizados pola súa condición de empregado público.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa reclamación e/ou denuncia presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación e/ou denuncia aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación da reclamación e/ou denuncia poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a reclamación e/ou denuncia presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria

1. No caso de presentación dunha reclamación ou unha reclamación e denuncia, as persoas interesadas deberán achegar, se é o caso, xunto co anexo I, a seguinte documentación:

– Reclamación feita perante a empresa.

– Contestación que, se é o caso, a empresa tivese dado.

– Contrato.

– Xustificantes da relación de consumo, facturas, tíckets, etc.

– Outros documentos.

2. No caso de actuar en representación dunha persoa ou entidade deberá acompañarse a documentación acreditativa desta por calquera medio válido en dereito.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da reclamación e/ou denuncia. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da reclamación e/ou denuncia deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da reclamación e/ou denuncia e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nos parágrafos anteriores. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos aos que dean lugar a presentación dos formularios normalizados aprobados nesta resolución, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa reclamante ou denunciante.

b) NIF da entidade reclamante ou denunciante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente do formulario de inicio (anexo I) e achegar os ditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Estatal
    • Lei 60/2003, de 23 de decembro, de Arbitraxe (BOE nº 309, de 26 de decembro de 2003).

    • Lei 2/2012, de 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias (BOE nº 101, de 27 de abril de 2012).

    • Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

    • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

    • Real Decreto 231/2008, de 15 de febreiro, polo que se regula o Sistema Arbitral de Consumo (BOE nº 48, de 25 de febreiro de 2008)

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 3 de abril de 2020 pola que se aproban os formularios normalizados para a presentación na sede electrónica de reclamacións e denuncias en materia de consumo (códigos de procedemento CO401A e CO401B) (DOG nº 85 do 5 de maio de 2020).

    • Corrección de erros. Resolución do 3 de abril de 2020 pola que se aproban os formularios normalizados para a presentación na sede electrónica de reclamacións e denuncias en materia de consumo (códigos de procedemento CO401A e CO401B) (DOG núm. 86 do 6 de maio de 2020).

Outros procedementos relacionados

CO401B

Denuncia en materia de consumo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN105A

Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CO400A

Axudas, en réximen de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 24/09/2019 00:00 - 23/10/2019 23:59

CO400B

Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministro eléctrico e comercio electrónico seguro.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 11/10/2024 00:00 - 11/11/2024 23:59