Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CO400G
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás organizacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para a organización de congresos e reunións en materia de consumo
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Establecer as bases para a concesión de axudas para a organización, por parte das asociacións ou federacións de persoas consumidoras inscritas na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, de congresos internacionais e encontros en materia de consumo de carácter presencial que se desenvolvan na nosa Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2025, coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as organizacións de persoas consumidoras, tanto asociacións como federacións, que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas asociacións que, incumprindo manifestamente as súas obrigas legais, non colaborasen ou non facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Prazo de presentación: PECHADO
11/09/2025 09:00 - 13/10/2025 14:00
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase no décimo día natural contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ao mes desde a apertura do devandito prazo. A sede electrónica para presentar a solicitude abrirase ás 9.00 horas e o final do prazo será ás 14.00 horas do día de vencemento.
- Para que as organizacións de consumidores poidan beneficiarse destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non estar incursos en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- As persoas beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Solicitudes
- Para poder ser persoa beneficiaria das axudas deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 5 das bases reguladoras.
- Cada organización poderá presentar unha única solicitude (anexo II) e para un único evento.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria descritiva (anexo III) na cal se faga constar a descrición xeral e as características do evento:
- Características xerais.
– Relevancia do evento.
– Datos do último evento realizado, de ser o caso.
– Organización do evento.
b) Programa do evento (anexo IV), no cal figurará de xeito detallado o programa de actividades de que constará o evento, por xornada.
c) Memoria económica (anexo V) na cal se especificará unha previsión do orzamento de gastos subvencionables por categorías e total (tendo en conta o establecido no artigo 2 destas bases) do evento e a cantidade solicitada como axuda.
d) Documentación acreditativa da representación suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da entidade solicitante, se é o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse de xeito electrónico.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nos parágrafos anteriores. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento coa AEAT para subvencións e axudas.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.
f) Concesión de subvencións e axudas.
g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo II) e achegar os ditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderaselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Tramites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 19 de agosto de 2025 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva, ás organizacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para organizar congresos internacionais e encontros en materia de consumo (DOG nº 167 do 1 de setembro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 19 de agosto de 2025 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva, ás organizacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para organizar congresos internacionais e encontros en materia de consumo (DOG nº 167 do 1 de setembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.
Aberto todo o ano
Axudas, en réximen de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro.
Prazo pechado: 24/09/2019 00:00 - 23/10/2019 23:59