Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CO400B
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de axudas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia ás asociacións de persoas consumidoras e usuarias da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía, comercio electrónico seguro, intelixencia artificial, vivenda e servizos financeiros, durante o ano 2025, e proceder á súa convocatoria
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as asociacións de persoas consumidoras que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas asociacións que, incumprindo manifestamente as súas obrigas legais, non colaborasen ou non facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Servizo de Información, Cooperación e Fomento
Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545545/ 981545416
Email: cooperacion.igc@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
13/09/2025 09:00 - 13/10/2025 14:00
O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase no décimo día natural contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará ao mes desde a apertura do devandito prazo. A sede electrónica para a presentación da solicitude abrirase ás 9.00 horas e o final do prazo será ás 14.00 horas do día de vencemento.
Non obstante, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Para que as asociacións poidan beneficiarse destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
- As persoas beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
a) Certificación da lista de actividades que se pretenden levar a cabo obxecto de subvención (anexo III). Unha vez presentado este anexo III no momento da solicitude, posteriormente só se permitirá a súa modificación unha única vez e sempre que os cambios afecten unicamente a data ou a localidade de realización. A dita modificación deberá ser comunicada ao IGCC cunha antelación mínima de 15 días antes da realización da primeira actividade, presentando un novo anexo III.
b) Poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da entidade solicitante, se é o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nos parágrafos anteriores. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI / NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para a solicitude de axudas e subvencións.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.
f) Concesión de subvencións e axudas.
g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo II) e achegar os ditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Listado de actividades (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de resolución
- Renuncia (Anexo V)
- Fase de xustificación
- Declaración de axudas (Anexo IV)
- Relación de gastos (Anexo VII)
- Memoria final das actividades realizadas (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de agosto de 2025 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2025, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de diversas actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (DOG nº 169 do 3 de setembro de 2025).
-
Extracto da Resolución do 21 de agosto de 2025 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2025, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de diversas actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (DOG nº 169 do 3 de setembro de 2025).
-
Resolución do 12 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de agosto de 2025 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2025, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de consumo (DOG nº 246 do 22 de decembro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsa de formación, no Instituto Galego do Consumo e da Competencia, en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos
Prazo aberto: 20/01/2026 00:00 - 19/02/2026 23:59
Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de promoción e defensa da competencia
Prazo aberto: 31/01/2026 00:00 - 02/03/2026 23:59
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano