Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CO400B
Axudas, en réximen de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de suministración eléctrica e comercio electrónico seguro.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de persoas consumidoras inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro, coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.
2. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Actuacións e gastos susceptibles de axuda.
1. As axudas concederanse para atender os gastos xerados polo desenvolvemento de programas de actividades en dúas modalidades:
Modalidade A. Programas de actividades que impliquen sensibilización, formación e divulgación que xeren, no consumidor a que van dirixidas, un grao de coñecemento da problemática da facturación e consumo de subministración eléctrica con fin de que adquira os coñecementos suficientes que lle permitan tomar decisións que redunden nun aforro e racionalidade do gasto en consumo eléctrico.
Modalidade B. Programas de actividades que impliquen sensibilización, formación e divulgación que xeren, no consumidor a que van dirixidas, un grao de coñecemento da problemática de levar a cabo un uso seguro e correcto do comercio electrónico e compras seguras na internet, co fin de que adquira os coñecementos suficientes que lle permitan tomar decisións que redunden nunha compra segura e satisfactoria para o consumidor.
2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
Todos estes gastos teñen que ser realizados e efectivamente pagados desde a entrada en vigor da presente resolución e ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18.
Considéranse custos subvencionables aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de sensibilización, formación e divulgación seguintes:
Modalidade A. En materia de subministración eléctrica, en concreto:
a) Desenvolvemento e impartición de actividades formativas maioritariamente prácticas encamiñadas a identificar, esclarecer e coñecer os dereitos como usuarios do sector eléctrico e os datos esenciais que conforman a factura de consumo eléctrico, como pode ser:
– Os datos do subministrador e do distribuidor, entendendo que poden ser empresas con distintas formas de contratación.
– Todos os datos relacionados cos consumos eléctricos. Datos que deben figurar na factura segundo o modelo oficial para PVPC. Mercado libre e mercado regulado. Incidencia no sector do novo Real decreto 897/2017.
– Os datos relacionados co custo económico da subministración de enerxía eléctrica aplicable en cada facturación.
– Os datos económicos que se ven implicados no importe final da factura.
– O consumidor vulnerable. Requisitos, tramitación e modo en que afecta a facturación.
Deberá quedar xustificado, coa elaboración dun programa, que as ditas materias son obxecto da actividade formativa.
b) Desenvolvemento e impartición de actividades práctico-teóricas co fin de sensibilizar e concienciar da importancia no aforro no consumo eléctrico (consumo de electrodomésticos, clases enerxéticas dos electrodomésticos, tipo de tarifas e comparativa entre mercado regulado e libre).
c) Desenvolvemento práctico de simuladores de consumo eléctrico ou outro tipo de ferramentas, que axuden a unha mellor comprensión da factura eléctrica e a un aforro na subministración de enerxía eléctrica nos fogares.
Modalidade B. En materia de comercio electrónico seguro, en concreto:
a) Desenvolvemento e impartición de actividades formativas maioritariamente prácticas encamiñadas a identificar, esclarecer e coñecer os dereitos como usuarios cando se leva a cabo unha compra pola internet e prácticas que se deben levar a cabo cando se quere usar o comercio electrónico dun xeito seguro e eficiente, como pode ser:
1. Aspectos que se deben ter en conta antes de contratar:
– Posta a punto dos dispositivos. Recomendacións de seguridade básicas; configuración da rede.
– Identificación das tendas en liña de confianza. Comprobación da información leal do comerciante; identificar o titular/responsable do comercio; comprobar que se trata de comunicacións seguras; selos de confianza.
– Deteccións de fraudes. Phishing; carding; páxinas de venda en liña falsas; estafas a través do correo electrónico; servizos de compravenda ou de venda de segunda man.
2. Aspectos que debes ter en conta se decides comprar:
– Medios de pagamento para compras en liña. Envío de cartos en efectivo; contra reembolso; transferencia bancaria; pagamento con tarxeta; pagamentos a través de intermediarios.
– Configuración das contas de usuario. Contrasinais seguros; activar dobre verificación; recuperación de contas; cando gardar información dos métodos de pagamento.
3. Aspectos que hai que ter en conta despois de comprar:
– Dereito de desistencia.
– Garantías.
– Produto defectuoso; gastos de envío e reenvío.
– Dereitos sobre os datos persoais. Dereito de acceso; dereito de rectificación; dereito de cancelación.
– Deber de segredo e publicación de datos.
– Como reclamar.
Deberá quedar xustificado, coa elaboración dun programa, que estas materias son obxecto da actividade formativa.
b) Desenvolvemento práctico de simuladores de comercio electrónico ou doutro tipo de ferramentas, que axuden a unha mellor comprensión destas compras e uso do comercio electrónico por parte das persoas consumidoras e usuarias.
3. Cada actividade ou proxecto, xa sexa da modalidade A ou da modalidade B, financiarase cunha contía máxima total de 200 euros (IVE incluído) por actividade. O número máximo de actividades que poderá realizar cada asociación, xa sexan da modalidade A ou/e da modalidade B, será de 12 actividades ou proxectos por asociación. Cada asociación poderá elixir o número de actividades que desexe levar a cabo, así como a súa modalidade, e poderá incluír unha soa modalidade ou dúas modalidades, sempre que non se exceda o número máximo de 12 actividades por asociación.
4. A duración mínima de cada actividade será de 2 horas presenciais.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de persoas consumidoras que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Servizo de Información, Cooperación e Fomento
Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545545/ 981545416
Email: cooperacion.igc@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
17/07/2021 00:00 - 16/08/2021 23:59
1. O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.
2. Non obstante, no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
1. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas asociacións que, incumprindo manifestamente as súas obrigas legais, non colaborasen ou non facilitasen a información solicitada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
2. Para que as asociacións poidan beneficiarse destas axudas deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma.
3. As entidades beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Lugar de presentación das solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Solicitude e documentación complementaria.
1. Cada asociación poderá presentar unha única solicitude (anexo II). En cada solicitude poderá figurar ata un máximo de 12 actividades por asociación (anexo III).
2. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das axudas presentaranse na forma e no prazo que se indican nos artigos 2 e 3 da convocatoria.
3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:
a) Certificación da lista de actividades que se pretenden levar a cabo obxecto de subvención (anexo III).
b) Poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da entidade solicitante, se é o caso.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada nos parágrafos anteriores. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.
f) Concesión de subvencións e axudas.
g) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente de inicio (anexo II) e achegar os ditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Listado de actividades (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 30 de xuño de 2021 pola que se convoca e regula a concesión de axudas para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 30 de xuño de 2021 pola que se convoca e regula a concesión de axudas para o ano 2021, en réxime de concorrencia non competitiva, ás asociacións de persoas consumidoras da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración de enerxía eléctrica e comercio electrónico seguro (DOG nº 135 do 16 de xullo de 2021).
-
Resolución do 28 de xullo de 2021 pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario correspondente ao exercicio 2021, destinado ao financiamento das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de subministración eléctrica e comercio electrónico seguro (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Inscrición de novas organizacións no rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia.
Aberto todo o ano
Axudas, en réximen de concorrencia non competitiva, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de comercio electrónico seguro.
Prazo pechado: 24/09/2019 00:00 - 23/10/2019 23:59