Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CO301B
Bonos Activa comercio.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A concesión de axudas a través do programa bonos Activa comercio co obxectivo de incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais adheridos á campaña, subvencionando a compra de bens nas datas fixadas nas correspondentes ordes de convocatoria de cada unha das edicións do programa bonos Activa comercio.
Tamén constitúe obxecto do procedemento a adhesión dos establecementos comerciais retallistas ao devandito programa.
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545507
Email: bonos.activa.comercio@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Prazo para a adhesión dos establecementos comerciais:
O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2025.
Prazo para a descarga dos bonos:
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de xuño de 2025, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000 €.
Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderase modificar a antedita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellasen, e darase a oportuna publicidade.
Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.
b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas, de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.
Poderán descargar os bonos Activa comercio as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que sexan maiores de idade
b) Que residan na Comunidade Autónoma de Galicia
c) Que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras.
d) Que tramiten as súas solicitudes conforme ao establecido nesta orde.
Adhesión dos comercios ao programa.
1. Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal, cubrindo o correspondente formulario.
2. A alta e o uso da aplicación polas persoas comerciantes suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade.
3. Non se admitirán nin se terán en conta as solicitudes presentadas por establecementos que non cumpran coas condicións nin coa forma establecida nesta orde.
4. O nome comercial e a localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa bonos Activa comercio faranse públicos na web www.bonosactivacomercio.gal
5. As persoas comerciantes adheridas ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para ese efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento, excepto no suposto previsto no artigo 20 das bases reguladoras.
6. Comprobación de datos das persoas comerciantes.
Poderán consultarse automaticamente os datos das persoas comerciantes incluídos no formulario de solicitude, en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
No caso de que a persoa interesada se opoña á súa consulta, deberá achegar os correspondentes documentos.
Descarga dos bonos polas persoas usuarias.
1. Para a solicitude e a obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web www.bonosactivacomercio.gal, cubrindo o correspondente formulario.
2. O uso da páxina web e a descarga dos bonos polas persoas usuarias suporá a aceptación das condicións do seu uso e da política de privacidade.
3. As persoas usuarias deberán declarar responsablemente a veracidade dos datos indicados. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar, en calquera momento, os documentos acreditativos dos mencionados requisitos.
4. Así mesmo, as persoas usuarias deberán declarar responsablemente que están ao corrente no cumprimento das obrigacións coa Facenda pública do Estado e da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.
Sistema de funcionamento dos bonos.
1. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagos (Wallet ou similar).
2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a APP bonos Activa comercio.
3. No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na APP o importe e o concepto da venda, aparecendo automaticamente o importe para cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas usuarias deberán amosar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
4. Non se aplicará o desconto dos bonos ás compras en liña.
5. Os bonos Activa comercio non se poderán utilizar para a adquisición de tarxetas regalo, vales, bonos ou similares.
6. Os bonos descargados poderanse utilizar ata que se esgote o seu saldo, agás que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión no ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (DOG nº 94 do 19 de maio de 2025).
-
Orde do 19 de maio de 2025 pola que se convoca a primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2025).
-
Extracto da Orde do 19 de maio de 2025 pola que se convoca a primeira edición de 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (DOG nº 104 do 3 de xuño de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano